24 septiembre 2019

Benvidas e benvidos ao novo curso 2019-2020!!

Vimos de comezar un novo curso e xa estamos a traballar e a argallar unha chea de actividades para levar a cabo ao longo del. Primeiro lembrarvos que o colexio segue a desenvolver o PLAMBE de mellora de  bibliotecas escolares, que implica que todo o centro traballa arredor dun proxecto proposto e elaborado pola nosa biblioteca. Neste curso o proxecto leva por título "Deportistas para un mundo mellor". Con este proxecto imos traballar sobre os deportes e os xogos olímpicos e paralímpicos,  levando a cabo moitas e diferentes actividades e propostas. Imos coñecer diferentes deportes, clubes deportivos e organizacións que desenvolven a súa labor preto de nós, traballaremos sobre os valores que fomenta a actividade deportiva (compañeirismo, esforzo, superación...), tamén participaremos en actividades deportivas e eventos deportivos solidarios, coñeceremos a historia das Olimpíadas e de moitos deportes... Imos aprender moito!!  
Do mesmo xeito, seguiremos levando a cabo actividades e traballos tamén moi importantes como a mochila viaxeira, participaremos nas campañas de animación á lectura que nos propoña o noso concello e outros organismos, lavaremos a cabo a xornada de madriñas e padriños lectores, faremos recomendacións lectoras para todas as alumnas e todos os alumnos...
Como vedes, este curso ven cheo de propostas moi interesante! Imos aló!
Aquí podedes ver o boletín que se vos fará chegar sobre o funcionamento da biblioteca.


Outra actividade que tamén xa vos podemos dicir é que o vindeiro 25 de outubro, venres, participaremos correndo na V Vuelta al Cole contra a leucemia infantil, como fixemos no curso pasado. Este acontecemento está organizado pola Fundación Unoentrecienmil, unha ONG española comprometida a dedicar todos os beneficios das súas actividades a un proxecto de investigación contra a Leucemia Infantil, unha enfermidade que supón o 30% do cancro infantil, con máis de 300 casos diagnosticados ao ano en España.

Animámosvos a todas e a todos a participar neste evento solidario, cantas máis persoas sexamos máis axudaremos nesta importante investigación.
Se queredes ter máis información sobre a organización e o evento, podedes premer nos diferentes enlaces deste texto. Nós, por outra parte, irémosvos informando da organización e posta en marcha desta actividade no noso colexio. 

23 mayo 2019

Títeres no Xixirei

A semana pasada visitou o noso colexio Celtia, cos seus monicrequesContounos tres contos escritos por ela e recollidos no libro disco "Cantamos" de Luis Vallecillo. E coma todas as visitas que veñen ao noso colexio, levou un agasallo, desta volta un Ginkgo bilobaGrazas por vir Celtia!
Se queres ver máis imaxes preme neste enlace.


Actividades do Día das Letras Galegas 2019

No noso colexio conmemorados o Día das Letras Galegas cunha actividade na que, por equipos, había que ir superando probas, deseñadas e organizadas polo alumnado de 6º de Educación Primaria para ir conseguindo pezas dun squebracabezas relacionados con Antonio Fraguas, a persoa á quen se lle dedica o Día neste ano. Se queredes ver a nova e máis imaxes desta xornada, podede ir ver o blog o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.



06 mayo 2019

Novas do encontro con María Canosa

O xoves 23 de abril estivo no noso colexio a escritora María Canosa, que escribiu o libro Muriel e tamén “Rubicundo”, que limos no colexio neste último trimestre. Falou sobre un montón de cousas e, sobre todo, explicounos moitos detalles dun dos libros que limos na clase este curso, “Muriel”. Contounos que lle custou moitísimo encontrar o nome do protagonista e que ao final decidiuse por Muriel. Este libro gustou moito ás alumnas e os alumnos de 5º de Educación Primaria. Contounos que ás veces no libro non poñía cousas que nós podíamos deducir, como cantos anos tiña Rubicundo, ou que pasara coa avoa de Muriel. 


Explicounos que é o que significaba no seu pobo a palabra pedro. Sabedes que significaba? É un raposo!. A palabra non aparece no dicionario da Real Academia Galega, nin en ningún outro con ese significado.


María Canosa conseguiu o Premio Merlín con esta obra, con moito esforzo e sen renderse, porque se presentou a este premio catro veces. Na cuarta ocasión xa non tiña esperanza de recibilo, ata que un día, tempo despois de terse presentado, chamárona para informala de que llo tiñan concedido. Cando soubo que era a gañadora non podía parar de chorar. A súa familia ao vela non entendían nada e non sabían que estaba a pasar ata que por fin dixo: “Merlín!”. A súa nai, que tamén é escritora deuse de conta enseguida:
-Gañou o premio Merlín!
Cando nos contou isto, María Canosa emocionouse.

O libro Rubicundo lérono en... En 5º non o lemos, pero polo que nos falou del tiña moi boa pinta!

    Texto elaborado por Sara Domínguez, Miriam Rodríguez e Sara Rodríguez, da aula de 5º de Educación Primaria.

30 abril 2019

Encontro con María Canosa

Este xoves pasado recibimos a visita da escritora María Canosa, que estivo a falar coas alumnas e alumnos desde 3º de Educación Primaria. Falou moito sobre o traballo literario, especialmente da escrita de novelas e de como ela leva a cabo este proceso. Ademais, transmitiulles valores moi importantes para a vida, como o de esforzarse por conseguir os nosos soños. De todo isto ímosvos falar na próxima publicación deste blog. So dicirllos que as rapazas e os rapaces pasárono moi ben e aprenderon moitas cousas!