29 marzo 2022

Corre, corre, cabaciña!

 O equipo de voluntariado da biblioteca realizou unha teatralización do conto Corre Corre Cabaciña, para o resto do centro. Aquí tedes pequenos anacos da súa estrea: 




28 marzo 2022

Continuamos coas recomendacións!

 Seguindo a publicación pasada coas recomendacións e doazón de películas animadas, compartimos as notas que nos deixou a familia de N e D:

"O teito do mundo" 2015-Francia. 

- Película de aventuras clásica.

-Sen chistes. 

-Trama complexa para nenos pequenos. 


"Kung Fu Panda" EEUU, 2008. 

- Película moi divertida, os nenos non paran de rir. 

- O personaxe principal é moi diferente ao das típicas películas de animación americanas, un pouco antiheroe. 

- Os nenos máis pequenos tamén a desfrutan. 


"Ice-Age. A idade do xeo" EEUU, 2002. 

- É unha película que destaca polos personaxes, que son moi graciosos.

- É unha historia sinxela e moi ben contada. Os máis pequenos enténdena ben. 

- Despois convertiuse nunha saga de 5 películas, pero a que cremos que paga a pena é esta. 

11 marzo 2022

Reseñas audiovisuais

 Dentro da nosa ampliación do horario de biblioteca para as familias, atoparedes varias películas de animación, donadas pola familia de N e M, aos que llo agradecemos de corazón! Porque non só fixeron a doazón, senón que acompañaron os filmes de reseñas escritas, explicando os puntos fortes de cada unha. Gustaríanos compartilos con vós aquí, no blog de Zampacontos, para que vos axuden a elixir! 

Compartiremos con vós 3 cada semana, pero podedes consultalas todas na propia biblioteca.


"A princesa Mononoke", 1997 - Xapón

- Historia complexa para nenos maiores. 

-Lectura en clave "ecolóxica". 

- O cine de Miyazaki é moi diferente do cine americano ao que estamos máis afeitos. Non se basea en encadenar gags senón en contar unha historia. Non plantexa esta historia como un enfrontamento entre bos e malos senón en posicións moito máis grises. 


"O meu veciño Totoro", 1988 - Xapón

- É unha das películas máis famosas de Miyazaki e unha das películas deste directos que os nenos máis pequenos poden desfrutar.

-Unha das características do cine de Miyazaki é incorporar personaxes máxicos que non se sabe moi ben se son reais ou imaxinarios e que, a pesar de que poidan ser estraños para nós, o seu papel non é negativo. Non son monstros nin meten medo, senón que forman parte da historia. 


"O xigante de ferro", 1999- EEUU

-Película con estética moi "retro". 

-Historia moi sólida e ben desenvolvida.

-Algo violenta, con robots que disparan e soldados pelexando por momentos (nada moi excesivo). 

10 marzo 2022

Biblioteca para familias!


 

Como é a nosa biblioteca?

Tras todos os esforzos destes pasados meses podemos afirmar que a nosa biblioteca quedou como un espazo acolledor e de tranquilidade, cheo de luz, para poder soñar, indagar e medrar. Por se aínda non tiveches a oportunidade de ver o espazo, aquí quedan estas fotografías! 





09 marzo 2022

Coloquio na aula de cuarto: A nena invisible

Este pasado trimestre, a clase de cuarto de primaria liu conxuntamente o libro  A nena invisible, escrito por Puño e ilustrado por Marta Altés. Encantoulles tanto a lectura que posteriormente fixeron esta ronda de preguntas e respostas, compartindo impresións sobre a lectura, resaltando a temática de xénero que presenta. 

Como xa vos avanzamos no noso instagram, está dispoñible xa no canle de Xixirei nas Ondas! Tédelo dispoñible aquí. Esperamos que vos guste, e vémonos na próxima lectura! 



Vida e obra de Frida Kahlo

 O equipo da Biblioteca nas Ondas realizou este seguinte episodio sobre Frida Kahlo, partindo do interese por un dos libros sobre a artista dispoñibles dentro da nosa biblioteca escolar. Neste programa repasan a vida e obra da pintora, no cal indagaron con especial interese. Podedes escoitalo premendo aquí

08 marzo 2022

Maleta viaxeira... Ou "travelling suitcase"?

 


As maletas viaxeiras son sempre unha nova aventura para desfrutar na nosa biblioteca, e esta vez... En inglés! Tedes aquí os marabillosos exemplares a disposición do alumnado na nosa biblioteca, dende clásicos como The Very Hungry Carterpillar ata continuacións de Winnie The Witch, ou os clásicos do Dr Seuss. 

Seredes capaces de lelos todos? 📕

07 marzo 2022

Construíndo e xogando con Makey Makey

 


"Plátanos cantantes” así lle chamaron a este experimento as crianzas de 1º de primaria. Kit Makey Makey: placa, pinzas cocodrilo e plátanos. Deixámosvos o vídeo resumen desta divertida actividade! 

04 marzo 2022

Día de Rosalía

O pasado 23 de febreiro conmemoramos no centro, a través de distintas actividades, o Día de Rosalía. No seu 185 aniversario festexamos a súa persoa, obra e o que representa na nosa cultura. Deixámosvos a continuación un vídeo recopilando algunhas das actividades! 


Para porlle a guinda ao pastel, o equipo de Biblioteca nas Ondas elaborou un breve episodio sobre a autora, vida e obra, que poderás escoitar aquí


03 marzo 2022

A nova mascota da Biblioteca do Xixirei!

Temos xa o logo oficial para a nosa biblioteca! O alumnado propuxo, votou e decidiu que Coco, o gatiño que nos visita a miúdo no centro, sexa a mascota da biblioteca. A partir do debuxo gañador, creamos o logo e selo da Biblioteca do Xixirei. Esperamos que vos guste!