30 abril 2019

Encontro con María Canosa

Este xoves pasado recibimos a visita da escritora María Canosa, que estivo a falar coas alumnas e alumnos desde 3º de Educación Primaria. Falou moito sobre o traballo literario, especialmente da escrita de novelas e de como ela leva a cabo este proceso. Ademais, transmitiulles valores moi importantes para a vida, como o de esforzarse por conseguir os nosos soños. De todo isto ímosvos falar na próxima publicación deste blog. So dicirllos que as rapazas e os rapaces pasárono moi ben e aprenderon moitas cousas!


26 abril 2019

Sesión de contacontos

Este pasado martes as alumnas e os alumnos de Educación Infantil nunha primeira quenda, e o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria despois, asistiron ao Centro Abanca Obra Social da Praza de Cervantes en Santiago a unha sesión de contacontos, na marco da XIX Campaña Municipal de Animación á Lectura, organizada polo Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago e pola Editorial Kalandraka
Ademais, puideron ver a exposición de ilustracións sobre diferentes contos editados por Kalandraka.
Alí Sara e Alex contáronlles os contos Cándido e os demais, A viaxe de Olaf, Mamá, Despois da chuvia, Dez dedos nas mans e dez dedas nos pés, e Quen é ese becho?
Pasarono moi ben!!







12 abril 2019

Elas. Rompendo moldes no deporte.


Este luns estivo con nós Ana, nai dun alumno de Educación Infantil. Ana é unha atleta que foi campioa de Galicia en 400 e 800 metros e, ademais, ostenta o récord galego de 400 metros valos na actualidade, que conseguiu no Campionato de España de 1999, en Sevilla.
Ana estivo a falar da súa experiencia coas alumnas e os alumnos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, na Biblioteca do colexio. Faloulles das súas vivencias deportivas, da importancia que ten o esforzo e a constancia para acadar os propios obxectivos, da experiencia como muller deportista nunha sociedade que consideraba a práctica de certos deportes como “cousa de homes”, ou das aprendizaxes vitais que lle aportou o deporte, entre outras, contando moitas anécdotas e vivencias. Tamén vimos algúns vídeos sobre atletismo, un deporte que non é tan coñecido como outros, pero no que a superación persoal é fundamental.
Esta actividade engróbase no proxecto de Biblioteca que estamos a desenvolver durante este curso, baixo o título “Elas. Rompendo moldes”.