30 abril 2014

CONTACONTOS NA GALERÍA SARGADELOS

Aquí podes ver unha presentación de fotos da sesión de contacontos na Galería Sargadelos, onde foron os alumnos e alumnas de Infantil e 1º e 2º de Primaria.
http://issuu.com/ceipmestrerodriguezxixirei/docs/contacontos_en_sargadelos

24 abril 2014

DÍA DO LIBRO 2014

O mércores pasado, 23 de abril de 2014, celebramos no colexio o DÍA DO LIBRO con algunhas actividades. Os alumnos e alumnas de Educación Infantil elaboraron uns marcapáxinas de vacas, posto que están a traballar nun proxecto sobre A VACA. Os alumnos e alumnas de Educación Primaria fixeron cadanseu MINI LIBRO, xunto cun mural sobre os seus LIBROS FAVORITOS.
Aquí podedes ver algunhas imaxes deste día: