Mostrando entradas con la etiqueta escolaactivaeinclusiva. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta escolaactivaeinclusiva. Mostrar todas las entradas

04 abril 2022

Máis do mundo do cine

Non perdades as seguintes recomendacións de filmes de animacións, dispoñibles para préstamo na nosa biblioteca:  


"Como entrenar ao teu dragón", EEUU 2010

- Película de aventuras non musical. 

- Destaca pola historia que conta, orixinal e moi emocionante. 

- Pódese facer unha lectura de respecto polos demais, polos que son distintos e nós. Un esforzo á hora de comunicarnos. 


"Ratatouille", EEUU 2007. 

- Unha historia orixinalísima e divertida. 

- Parécenos a mellor película de Pixar. 

- Inclúe unha curta que tamén paga moito a pena ver. 


"O emperador e as súas loucuras", EEUU 2000

- Unha das películas máis locas e graciosas de Disney. Moi divertida. 

- Ten partes musicais. 

- Os personaxes malos son moi atípicos e cóllelles cariño. 

29 marzo 2022

Corre, corre, cabaciña!

 O equipo de voluntariado da biblioteca realizou unha teatralización do conto Corre Corre Cabaciña, para o resto do centro. Aquí tedes pequenos anacos da súa estrea: 




09 marzo 2022

Coloquio na aula de cuarto: A nena invisible

Este pasado trimestre, a clase de cuarto de primaria liu conxuntamente o libro  A nena invisible, escrito por Puño e ilustrado por Marta Altés. Encantoulles tanto a lectura que posteriormente fixeron esta ronda de preguntas e respostas, compartindo impresións sobre a lectura, resaltando a temática de xénero que presenta. 

Como xa vos avanzamos no noso instagram, está dispoñible xa no canle de Xixirei nas Ondas! Tédelo dispoñible aquí. Esperamos que vos guste, e vémonos na próxima lectura! 



03 marzo 2022

A nova mascota da Biblioteca do Xixirei!

Temos xa o logo oficial para a nosa biblioteca! O alumnado propuxo, votou e decidiu que Coco, o gatiño que nos visita a miúdo no centro, sexa a mascota da biblioteca. A partir do debuxo gañador, creamos o logo e selo da Biblioteca do Xixirei. Esperamos que vos guste! 

 

20 diciembre 2021

Descubrimos e xogamos


Seguimos a desfrutar da nosa Biblioteca, dende descubrir contos novos ata xogar con Lego e crear mundos propios. Próximamente darémoslle vida nova a este blog, e seguiremos subindo novidades e actividades! 

#bibliotecadoxixirei #escolaactivaeinxlusiva 


03 diciembre 2021

Contos en LSE


 Hoxe tivemos a sorte de que a profe Cristina fixese sesión de contacontos en lingua de signos (LSE, Lingua de Signos Española) na biblioteca. Ensinou contos inclusivos (con pictogramas, de lectura fácil... ) e explicou o que é a LSE e as posibilidades que ten.  
Seguiremos facendo lecturas todo o mes de decembro, para todas as idades! 

Ademais, teredes dispoñibles na biblioteca libros adaptados á lectura fácil. 


Día internacional dos dereitos das persoas con discapacidade


O día 3 de decembro lembramos o día Internacional dos dereitos das persoas con discapacidade. Na porta da Biblioteca fixemos unha selección de contos sobre inclusión e diversidade funcional. Moitos destes contos pertencen á Maleta Viaxeira, que teremos con nós durante unhas semanas. 

Anímaste a descubrir?