21 diciembre 2018

Recomendacións lectoras para o Nadal


CON VERÓNICA BOQUETE

















Continuando co noso proxecto de Biblioteca “Elas, rompendo moldes”, en colaboración con toda a Comunidade Escolar, este pasado mércores recibimos a visita da extraordinaria futbolista Verónica Boquete, quen nos falou das dificultades que teñen as mulleres en superar a discriminación nun deporte dominado polos homes. Contounos como de pequena non a deixaban xogar por ser nena e que loitou durante anos para que isto non fose así, aínda que queda moito por avanzar na igualdade no deporte.

05 diciembre 2018

El mágico planeta de los instrumentos insólitos

Esta mañán as alumnas e os alumnos de 3º e 4º de Educación foron a Santiago ao Auditorio Abanca. Foron ver a obra "El mágico planeta de los instrumentos insólitos", que levou a cabo a compañía Fetén Fetén. Trátase dun concerto didáctico, da man de Diego Galaz e Jorge Arribas, no que as rapazas e os rapaces coñecen diferentes ritmos e melodías da música popular española e, ao mesmo tempo, se lles trasmiten valores como a reutilización, a pobreza e a importancia de coñecer as nosas tradicións, usando algúns instrumentos incribles.

Teatro en Educación Infantil

Esta semana as alumnas e os alumnos de 5 anos representaron para o alumnado de 3 e 4 anos as obras "A bruxa regañadentes" e "A min non me comas". Foi todo un éxito!



28 noviembre 2018

MOCHILAS VIAXEIRAS 2018-2019

Hoxe as alumnas e alumnos colaboradores da Biblioteca prepararon e repartiron as mochilas viaxeiras por todas as aulas do colexio. Esperamos que vos gusten!







A GALIÑA AZUL

Este martes as alumnas e os alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria foron ao Auditorio Abanca de Santiago ver a representación de "A Galiña Azul", unha obra de teatro de títeres baseada no libro do mesmo título de Carlos Casares, posta en escena polo grupo Tanxarina. Esta obra foi gañadora dPremio María Casares a Mellor Espectáculo Infantil 2018 Premio FETEN a Mellor espectáculo de títeres 2018A representación gustoulles moito ás nosas rapazas e aos nosos rapaces.





05 noviembre 2018

TEATRO EN EDUCACIÓN INFANTIL

O mércores pasado algúns familiares de alumnas e alumnos de Educación Infantil representaron para este alumnado a obra "A min non me comas".

15 octubre 2018

Viaxe a Mozambique




O xoves pasado, como actividade remate do noso proxecto de Biblioteca sobre África, levado a cabo durante o curso pasado, a profe Lorena contounos como fora a súa viaxe a Mozambique, que fixo durante o verán. Tamén ensinounos fotos de diferentes lugares nos que estivo, como as que mostran a súa visita á escola Lifidzi, as que mostran como visten moitas mulleres, coas súas capulanas, como son os mercados, o safari polo parque Gorongosa, e moitas experiencias máis. Foi moi interesante! Gracias, Lorena!

21 septiembre 2018

Comezamos un novo curso!!

Ola a todas e a todos! Comezamos este novo curso con moitas ganas de aprender e facer moitas cousas! Como sabecdes, desde hai uns cursos o noso colexio participa no PlanB de Mellora das Bibliotecas Escolares, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Neste curso, o noso proxecto de Biblioteca leva por título "ELAS: rompendo moldes", co que imos descubrir o papel moitas veces descoñecido e esquecido que teñen as mulleres en todos os eidos. Como exemplo, podedes coñecer a esta sobresaliente muller matemática galega. Premede na foto e máis no seu nome para ver algunha información sobre ela. 
                                                            María Wonenburger

05 junio 2018

Héctor Cajaraville, premio Merlín 2018


Na mañá do pasado venres, 1 de xuño, déronse a coñecer os gañadores e as gañadoras da edición 2018 dos premios Xerais. O premio Merlín de literatura infantil deste ano foi outorgado a Héctor Cajaraville, pola súa novela Kusuma. Desde o noso colexio enviámoslle os nosos parabéns. Neste curso tivemos a oportunidade de telo con nós durante unha mañá e encantounos pola súa proximidade e disposición a falar de literatura. 
Moitas felicidades Héctor!



21 mayo 2018

María Victoria Moreno


Aquí tedes unha presentación sobre María Victoria Moreno elaborada por alumnas e alumnos de 6º de Educación Primaria. Se queredes ter máis información desta escritora, homenaxeada no Día das Letras Galegas deste ano podedes premer neste enlace ou na imaxe da columna dereita. Aí podes atopar tamén moitas actividades sobre esta autora, realizadas por diferentes colexios de Galicia.

A festa no faiado


Este venres as alumnas e os alumnos de 5º de Educación Primaria representaron esta obra de María Victoria Moreno, a quen se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas. Esta representación é a nosa sinceira homenaxe a esta autora.

02 mayo 2018

Día do Libro


No DÍA DO LIBRO en cada aula houbemos de escoller un conto africano. Despois debuxámolo e pegamos o texto e os debuxos nun libro que fixeron os nosos profesores. Todos os cursos fixeron o seu conto e logo colocámolos no corredor.
A parte do conto fixemos outra cousa.
O mércores e o xoves contámolo a todo colexio.
O mércores contaron os seus contos os de 3º co conto "O ELEFANTE E A CHOIVA", os de 6º co conto "O LEÓN E O DROMEDARIO" e os de 4º con conto "BUSCANDO AMIGOS".
O xoves foi a quenda dos de 2º con conto "A PEL DOS CROCODILOS", dos de 5º co conto "A RA E A SERPE" e dos de Infantil con "O ELEFANTE E A GALIÑA"
Despois tivemos unha sorpresa... tivemos que bailar unha canción! Fixémolo moi ben e divertímonos moito.

Aroa, 6º de Educación Primaria

16 abril 2018

Contacontos na Galería Sargadelos


O pasado mércores 11 varias aulas do noso colexio asisitiron na Galería Sargadelos a dúas sesións de Contacontos, no marco da XVIII Campaña Municipal de Animación á Lectura, organizada pola editorial Kalandraka e o Concello de Santiago. Nunha primeira sesión acudiron as alumnas e os alumnos de Educación Infrantil. Más tarde foi o turno do alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria. Os contacontos foron moi entretidos e, ademais, bailaron e cantaron un anaco. E gustoulles moito a decoración, por suposto a relacionada con "A horta de Simón", pois no noso colexio tamén temos unha horta. 

13 abril 2018

Entrevista a Héctor Cajaraville, 1ª parte


Encontro con Héctor Cajaraville


Este pasado mércores as alumnas e os alumnos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria tiveron un encontro co escritor Héctor Cajaraville na biblioteca do noso Centro. Puideron coñecer ao escritor que escribiu, entre outros, o libro "Quen dá a quenda?", editado pola Editorial Xerais. Tiveron a oportunidade de coñecer o proceso de creación dunha obra literaria co seu autor e tamén a este. Foi un encontro moi intersante e nel aprendimos moitas cousas. O alumnado tivo oportunidade de facerlle todo tipo de preguntas relacionadas coa literatura, o proceso de creación literaria e a vida do escritor. Finalmente, as alumnas e os alumnos de 6º puideron facerlle unha entrevista pormenorizada. 
Foi un pracer ter entre nós a Héctor Cajaraville, pola súa proximidade e interese en acegarnos ao gran mundo da literatura. Gracias!

23 marzo 2018

SEMANA DA POESÍA 2018





Este pasado 21 de marzo foi o Día Mundial da Poesía. Para conmemoralo decidimos dedicar unha semana á lectura de poemas. A actividade consistiu en que cada aula foi ler unha poesía ás alumnas e os alumnos de outra aula. Tamén foi o Día Internacional dos Bosques, polo que decidimos que cada poema falaría dunha árbore. Estes foron os títulos lidos. Nuns días ofrecerémosvos un vídeo das diferentes lecturas feitas ao longo da semana. Se queredes ter máis información sobre estes días e o que significan podedes acceder aos enlaces que están inseridos nos seus nomes.

26 febrero 2018

Novidades de febreiro de 2018

https://issuu.com/ceipmestrerodriguezxixirei/docs/novidades_febreiro

Día de Rosalía 2018





























O 24 de febreiro celébrase en toda Galicia o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro (nacera o 24 de febreiro de 1837). A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), ademais das actividades propostas todos os anos desde 2010, como agasallar cun libro en galego e unha flor nese día, encoméndalle cada ano a unha escritora ou a un escritor a elaboración dun manifesto que se propón para ler en todos os actos que se organizan nese día. Esta ano tocoulle a María Reimondez, quen púxolle por título “Abride a fiestra”. O manifesto podedes lelo neste enlace. No noso colexio sumámonos as actividades propostas por esta asociación, e amosamos fiestras inspiradas en diferentes poemas de Rosalía de Castro, como podedes ver nas imaxes.