27 noviembre 2020

Correspondencia entre aulas

Correspondencia entre aulas da biblio do Xixirei,

unha marabillosa proposta dunha alumna de 6º de Primaria.


As circunstancias actuais impiden que @s nen@s das diferentes aulas se relacionen entre el@s. Por iso, esta nena propuxo colocar un buzón en cada aula para deixar cartas e semanalmente facer o reparto das mesmas.

Estamos moi contentas coa proposta xa que está resultando moi positiva.



 

25 noviembre 2020

25N


 25N Día Internacional contra a Violencia de Xénero. 

Hoxe e todos os días contra a violencia.

23 noviembre 2020

Día Universal do Nen@


Así locen os murais artísticos feitos polo noso alumnado polo Día Universal do Nen@.

Cada clase traballou e reflexionou sobre un dereito e a súa importancia.











 

14 noviembre 2020

I Concurso de Debuxos do Samaín

Xa temos @s gañador@s do I Concurso de Debuxos do Samaín.
Participaron un montón de nen@s e tod@s fixeron un traballo excelente. 


Noraboa @s 3 gañador@s!!
Ildara (6º Infantil)
Alexandra (3º Primaria)
Antón (5º Primaria)

27 octubre 2020

Comezamos co noso proxecto de biblioteca!

Como xa sabedes, este ano o proxecto da biblioteca é sobre o Camiño de Santiago. E como ben sabedes, hai moitos camiños polos que chegar á nosa cidade. 

Para que descubrades cal é o voso camiño, tedes que superar o seguinte reto. Quen se atreve?

Se queredes acceder a un mapa cos 7 Camiños clicade aquí.

15 octubre 2020

INAUGURAMOS NOVO CURSO NA BIBLIOTECA DO ZAMPACONTOS!

 Benvid@s ao curso 20/21!

O Zampacontos e as súas axudantes estiveron este mes traballando un montón, preparando a nosa biblioteca e adaptándoa ao Protocolo COVID-19. 

Xa está case lista e pronto poderedes ir devorar libros e vivir grandes aventuras! Pero primeiro, é mellor que lle botedes un ollo ás normas da biblioteca e así poder facer dela un lugar hixienizado e seguro.

09 junio 2020

Contaconto Os nosos bosques

Diego García, educador ambiental de Miudiño S. Coop. Galega cóntanos un conto, baseado en "Os nosos bosques", libro autoeditado e ilustrado por Clara Cerviño, primeiro da colección "Coñecer para amar". No canal de YouTube de Miudiño podedes ver e escoitar máis vídeos de contacontos, obradoiros, xogos...

04 junio 2020

A Música das Baleas, "A peor xogada"

Este videoclip é unha parte do premio ao grupo A Música das Baleas, como gañador na categoría infantil do IV Certame de música infantil e xuvenil Quero Cantar. Foi estreado o 13 de febreiro de 2020.

01 junio 2020

Vampira de biblioteca

En maio a Editorial Xerais publicou unha nova novela de Ledicia Costas, "Vampira de biblioteca". É unha historia moi entretida sobre unha nena vampira, os seus dous compañeiros morcegos "Xa" e "Mon", o seu encontro cunha familia humana e un animal moi especial, e a loita que deben facer contra as couzas que están a devorar os libros dunha biblioteca.
Eu lina esta fin de semana e gustoume moito, pois é moi entretida  e divertida. Tamén fainos reflexionar sobre esta tendencia que temos os adultos e as rapazas e rapaces a pasar demasiado tempo con aparatos dixitais, no canto de divertirnos empregando a imaxinación.

27 mayo 2020

Para ler banda deseñada

Aquí vos amosamos algún libros de banda deseñada, cómics, por se vos apetece ler algunha historia gráfica interesante. Por suposto, hai moitos máis, así que esta son unhas poucas suxestións. A ver que vos parecen. Premede na imaxe para ver todos os títulos.


A lanchiña do flamenco


Con este conto de Musicreques, A lanchiña do flamenco, poderedes cantar e contar, e coñecer unha morea de animais.
Musicreques fórmano dúas profesoras de piano, Alma e Loreto que formaron este grupo no ano 2012. Fan un dúo de piano a catro mans e teatro de monicreques, co fin de achegar a música clásica aos rapaces dun xeito ameno e divertido.

21 mayo 2020

19 mayo 2020

Teño unha dor, de Carvalho Calero

A ver se vos gosta esta canción con letra dun podema de Carvalho Calero, "Teño unha dor". É dun disco do 2015 "Sons de Nós", con poemas da revista Nós, interpretado polo dúo 2naFronteira (Dous na Fronteira), formado pola cantante arraiana do Couto Mixto Carmen Penim e o pianista romano Maurizio Polsinelli.

As pitas baixo a choiva

Neste vídeo o grupo Kókiti preséntannos unha canción baseada no conto de Ricardo Carvalho Calero "As pitas baixo a choiva".

17 mayo 2020

Uxía con Tanxugueiras e Faia - A FALA

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Desexámosvos un feliz Día das Letras Galegas! Como sabedes, debido ao estado de alarma, a celebración aprazouse ao día 31 de octubre, o día siguiente ao 110 aniversario do nacemento de Ricardo Carvalho Calero, o autor homenaxeado desta volta.
No blog de Dinamización da Lingua Galega do noso colexio atoparedes actividades moi chulas sobre Carvalho Calero e a celebración deste día.

Cal é a palabra galega máis bonita?

Co galo do Día das Letras Galegas, o xornal "La Voz de Galicia" ven de publicar un artigo moi interesante sobre as palabras galegas que lle parecen máis bonitas aos lectores do xornal, quen participaron nunha enquisa na web desta publicación. Premede neste enlace ou na imaxe de abaixo para ver o artigo. 


12 mayo 2020

As pitas baixo a choiva

Como xa sabedes, este ano debido ás consecuencias polo Covid-19 o día das letras galegas aprázase ata o 31 de outubro. Este ano está dedicado a Ricardo Carvalho Calero aínda que igualmente estamos celebrando  de maneira dixital.
Escribiu un conto para nen@s titulado:
"As pitas baixo a choiva"

PRIMAVERA DAS LETRAS

Na páxina da Real Academia Galega, Primavera das Letras, podedes atopar moitas actividades, entre elas sobre Ricardo Carvalho Calero, ás que podedes acceder desde a súa páxina ou ben premendo a imaxe de abaixo. 

09 mayo 2020

O misterio da casa de Ricardo Carvahlo Calero

Este escape room, O misterio da casa de Ricardo Carvalho Calero, foi elaborado por Alba Carril Casanova (CPI de Vedra) e Ana Sánchez Sanmartín (CEIP Arquitecto Casas Novas) para aprender sobre o autor homenaxeado nas #LetrasGalegas2020 ao tempo que xogamos. Xa veredes que interesante!

Gravata TorLa, A bicicleta verde

O Señor Gravata TorLa naceu coa intención de achegar os contos e a literatura infantil aos máis pequenos, e aos non tan pequenos. Nas escolas, nas librerías, nas asociacións de veciños, nos centros culturais...
Aquí abaixo podedes ver o conto número 30, A bicicleta verde.

E se queredes ver máis contos de Gravata Torla podedes visitar o seu canal de Youtube
https://www.youtube.com/results?search_query=Gravata+torla

30 abril 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

En Espazo Lectura, unha organización fundada para o fomento e a animación á lectura en lingua galega, situada en Gondomar, e que organiza actividades e iniciativas sen ánimo de lucro de promoción da lectura e do libro, fannos propostas moi interesantes, como esta recomendación lectora,na súa sección #quedonacasalendocontigo

24 abril 2020

UN LIBRO PARA COMPARTIR EMOCIÓNS COA FAMILIA

O ideal é ler só unha páxina cada vez que vos xuntedes para compartilo, porque o máis valioso deste libro non é o seu contido, senón o que ocorre tras pechalo...

LIBRO AMAR 

LIBRO AMAR

23 abril 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO

"PERDIDO?"- CONTO MOI FERMOSO CONTADO POR ANTÍA


Un libro que fala sobre a importancia da amizade.  

              💙 FELIZ DÍA DO LIBRO💙

22 abril 2020

LIBROS SOBRE DEPORTES

RECOMENDACIÓNS DE LIBROS SOBRE DEPORTES

GERÓNIMO STILTON-"¡YA TE DARÉ YO KARATE!"
 Unha mañá Hiena preséntase na casa de Gerónimo e o arrastra ata Puertorratón. Ata aquí todo ben. E máis, diredes...qué aventura, eh?.O problema é que Gerónimo vese obrigado a participar no Campionato Mundial de Karate!! E soamente ten unha semana para aprender todos os segredos dun verdadeiro cinturón negro...

21 abril 2020

SEMANA DO DÍA DO LIBRO

Esta semana é o día do libro así que Zampacontos ten para vós máis libros sobre deportes.

                        🎾           🏀        🏈          🏉


Un libro interesante para aprender moito sobre o deporte do tenis, a súa historia e os xogadores e xogadoras máis importantes.


   

20 abril 2020

LIBROS DE DEPORTES

BÓTALLE UN OLLO AOS SEGUINTES LIBROS...

                                   🏀    🏈    🏉       🎾

 SEGUIMOS COS LIBROS DE DEPORTES
           

 "RITA TENISTA"-A Rita apasiónalle cantar e bailar, e quere ser famosa.Coma non ten guitarra, colle a raqueta de tenis do seu pai e encérrase na habitación para ofrecer concertos. Os seus pais creen que a súa filla soña con ser tenista e deciden darlle unha boa  sorpresa.
               QUE FARÁ RITA? A ELA NON LLE GUSTA O TENIS!

19 abril 2020

DÍA DO LIBRO

💗💜DÍA DO LIBRO💚💛

O 23 de abril celébrase o día do libro. Aquí tedes este video con carteis por se vos animades a facer un. Como vedes, fai a presentación a nosa mascota da biblioteca "Zampacontos"



16 abril 2020

Biblioteca Pública Ánxel Casal

Hoxe visitamos de xeito virtual a Biblioteca Pública Ánxel Casal, de Santiago, un espazo de comunicación e participación para todas e todos e que nos ofrece un montón de recursos culturais, informativos e tecnolóxicos de calidade.
Alí hai unha gran cantidade de boa colección de libros, revistas, audiovisuais, libros electrónicos ao noso dispor. Ademais, programan moitas actividades para todos os públicos, e cedemos espazos para que vós poidades realizar as vosas. A biblioteca é un ben común, un servizo para toda a sociedade. Aproveitémolo!
Premendo na imaxe de abaixo podedes realizar unha visita virtual, na espera de que moi pronto poiamos desfrutar dela:
Tamén podedes ver un vídeo moi chulo sobre esta biblioteca:

15 abril 2020

PANDEMIA DE CONTOS DO COLECTIVO NOGA

O Colectivo de Narración Oral de Galicia, NOGA, fainos unha proposta titulada #Pandemiadecontos que nos permite asistir a sesións de contacontos desde a nosa casa. Neste vídeo, Atenea García cóntanos o conto de Pelostortos. Xa veredes que ben!
Se queredes ver e escoitar máis contacontos entrade na súa canle.
E no xornal QUE PASA NA COSTA podedes atopar moitas propostas moi interesantes.

13 abril 2020

QUEDA NA CASA

Neste vídeo de #DígochoEu, da Televisión de Galicia, explícannos o xeito correcto de dicir que hai que quedar na casa


11 abril 2020

OVOS DE PASCUA CON SORPRESA


AQUÍ TEDES ESTES OVOS SORPRESA PARA E. INFANTIL. FACEDE CLIC NEL E VEREDES A SORPRESA.




AQUÍ TEDES ESTE OVO SORPRESA PARA 1º CICLO. FACEDE CLIC NEL E VEREDES A SORPRESA.

https://images-na.ssl-images-amazon.com/images/I/51uzJqBTrjL._SX412_BO1,204,203,200_.jpg



AQUÍ TEDES ESTE OVO SORPRESA PARA 2º CICLO. FACEDE CLIC NEL E VEREDES A SORPRESA.

https://imagessl9.casadellibro.com/a/l/t5/39/9788491215639.jpg

AQUÍ TEDES ESTE OVO SORPRESA PARA 3º CICLO. FACEDE CLIC NEL E VEREDES A SORPRESA.



https://imagessl9.casadellibro.com/a/l/t5/49/9788427218949.jpg










02 abril 2020

Marcapáxinas de monstros

Marcapáxinas de monstros moi orixinais


Como facer un marcapáxinas


Neste grupo de instrucións ides ver como se poden facer estes marcapáxinas. Como vedes hai pouco que explicar xa que as imaxes son moi ilustrativas… 


Unha vez preparedes a base do marcapáxinas en cartolina, chega a parte máis divertida de facer que é decoralo en forma de monstro. Para iso podedes engadirlle ollos, dentes mostruosos… 

01 abril 2020

Estrela Rosalía de Castro


Como sabedes, a estrela Rosalía de Castro está a brillar na constelación Ofiuco, en compañía do seu exoplaneta Río Sar, grazas a unha votación que levara a cabo a Unión Astronómica Internacional, no concurso NameExoWorlds, a traveso da páxina www.nombraexoplanetas.es
Por iso lembramos este feito no noso colexio, como xeito de conmemorar o nacemento da nosa Rosalía. Así, realizamos un mural explicando este feitos e escribindo poemas seus a xeito de homenaxe.

Contos contados de Kalandraka TV

A canle de televisión da Editorial Kalandraka, entre outras seccións moi interesantes sobre libros e literatura infantil e xuvenil, que podedes coñecer se visitades a súa páxina,  http://www.kalandraka.tv/gl, ofrécenos a súa sección Contos contados, onde podedes ver e escoitar moitos contos desta editorial. Se queredes velos, premede no enlace anterior ou na imaxe de abaixo. Están moi ben!

31 marzo 2020

Galicia Le

A Xunta facilita as condicións de acceso á plataforma GaliciaLe que ofrece máis de 4.500 títulos de libros, revistas o películas. Deste este enlace ou premendo na imaxe de abaixo podes acceder directamente á plataforma.