24 mayo 2017

A GALIÑA AZUL

O venres pasado, os alumnos e as alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria representaron no colexio a obra "A galiña azul", da que é autor Carlos Casares, o escritor a que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas. Esperamos que vos goste.

18 mayo 2017

Padriños e madriñas lectoras 2017

Este martes pasado no colexio fixemos unha actividade de padriños e madriñas lectoras que, como vedes, consiste en que os alumnos e as alumnas de cursos avanzados de Educación Primaria (desta vez decidiuse que fosen de 4º, 5º e 6º) lles lesen aos alumnos e alumnas dos primeiros cursos de Educación Primaria e a Educación Infantil. Desfrutamos dun día estupendo e, como vedes nas imaxes, pasámolo moi ben.

12 mayo 2017

O CONTO VIAXEIRO













Este pasado mércores"O Conto viaxeiro", organizado desde o Concello de Santiago e, levado a cabo por Ruth e Sino, levouse a cabo no noso colexio. Aquí os alumnos e as alumnas de 1º e 2º escribiron unha parte do conto deste curso. Nela, falan dun neno que se chama Miguel. Esta historia, e moitas cousas máis, podedes lelas na páxina web de O Conto Viaxeiro se premedes no enlace.

08 mayo 2017

GUÍA DE GRECIA

Aquí tedes a guía de Grecia que elaboraron os alumnos e as alumnas de 5º e que van expoñer proximamente. Esperamos que vos goste!

04 mayo 2017

DÍA DO LIBRO 2017













Este pasado venres celebramos no noso colexio o Día do Libro. Os alumnos e as alumnas das diferentes aulas de Educación Primaria foron relatando contos dos países europeos sobre os que están a traballar. O alumnado de 1º contou a lenda "O holandés errante", dos Países Baixos. De segundo foi a historia "O pastor e o lobo", de España. Os alumnos e alumnas de terceiro contáronos "Confundindo historias", de Gianni Rodari, un escritor italiano. De cuarto foi o conto "Carapuchiña Vermella", de Perrault, representando a Francia. O alumnado de 5º narrou a lenda de "O león e o rato", de orixe grego. Finalmente, os alumnos e alumnas de sexto contaron "O flautista de Hamelin", un conto popular alemán. Para rematar a celebración, todos e todas cantamos a canción "Aprender Europa cantando".

02 mayo 2017

VISITA DE FINA CASALDERREY











Este pasado xoves recibimos a visita de Fina Casalderrey, unha das máis importantes escritoras galegas na literatura infantil, toda unha vida dedicada a contar e escribir historias moitas delas inesquecibles, como as que leron os nosos alumnos e as nosas alumnas: “Dúas bágoas por máquina”, “O estanque dos parrulos pobres”, “O misterio do faro vello”, “Historia da bicicleta dun home lagarto”, “Chamizo” ou “Icía quere cambiar o mundo”. Contounos moitas experiencias da súa vida e como influíron na súa escritura. Foi moi interesante!