29 octubre 2014

UN HORTO DE CONTOS


Xa comezamos a traballar no noso proxecto de Biblioteca, "Un horto de contos", no que vencellamos o traballo da biblioteca co horto escolar. Neste primeiro trimestre adicámonos a recoller refráns, adiviñas, cantigas... que teñen que ver co mundo rural galego. O resultado podedes velo na exposición que estamos a facer nun corredor do colexio.

18 junio 2014

EXPRESÁMONOS ORALMENTE

http://youtu.be/JXnuFEJIC5o
GRUPOS DE TRABALLO NO NOSO CENTRO
Durante este curso, no noso Centro desenvolvéronse dous grupos de traballo dentro dos Plans de Formación Permanentes do Profesorado: "TICS e Competencias Básicas" e "A linguaxe oral nas Competencias Básicas".
No primeiro caso empregamos as novas tecnoloxías desenvolvendo distintos tratamentos da información e a competencia dixital do profesorado, partindo das necesidades e intereses dos membros do grupo de traballo, e elaboramos e experimentamos materiais didácticos con ferramentas TIC para o desenvolvemento do currículo e das Competencias Básicas.
No segundo, coñecimos e desenvolvimos actividades para aplicar a cada Ciclo, referidas sobre todo a exposicións, argumentacións e debates.


03 junio 2014

TRABALLANDO NO PROXECTO DE "A VACA"

Este é un vídeo sobre o proxecto no que traballaron os nenos e as nenas de Educación Infantil. Preme na foto se queres velo.
http://youtu.be/bQ8xYfEhl_M

20 mayo 2014

DÍA DAS LETRAS GALEGAS I

Este pasado venres celebramos o Día das Letras Galegas 2014. Houbo moitas actividades, entre elas celebramos tamén o Maio. Preme na imaxe para ver a primeira parte en vídeo.
 http://youtu.be/6d03zihBHiA

EXCURSIÓN Á GRANXA BUSTO-CORZÓN

Os alumnos e alumnas de Educación Intantil foron de visita a unha granxa, como remate do Proxecto de "A vaca", no que estiveron a traballar neste trimestre.
http://youtu.be/tgf7y9eJnLM

15 mayo 2014

RECIBIMOS A VISITA DE MONXES XAPONESES

Despois de facer unha parte do Camiño de Santiago, unha comitiva de monxes tibetanos e sacerdotes sintoístas xaponeses, acompañados polas autoridades locais, visitáronnos no noso Colexio.



13 mayo 2014

12 mayo 2014

EXPOSICIÓN SOBRE "A VACA"

Premendo nesta imaxe poderás ver un vídeo sobre a exposición que hai na entrada do edificio de Infantil, sobre o proxecto que fixeron nestas aulas:
http://youtu.be/q97P2PSnG0E

07 mayo 2014

GRANXA ENERXÍA DE ENDESA


A semana pasada visitou o noso colexio Endesa Educa, co seu Obradoiro Granxa Enerxía, ao que asistiron os alumnos e alumnas de 2º e 3º Ciclo. 

 

06 mayo 2014

A FLAUTA MÁXICA NO AUDITORIO

O martes pasado, os alumnos e as alumnas de 1º e 2º foron ver "A flauta máxica" ao Aduditorio. Foi un espectáculo que combinou música, coa actuación da Banda Municipal, e títeres, coa compañía Viravolta Títeres. Gustoulles moito.




30 abril 2014

CONTACONTOS NA GALERÍA SARGADELOS

Aquí podes ver unha presentación de fotos da sesión de contacontos na Galería Sargadelos, onde foron os alumnos e alumnas de Infantil e 1º e 2º de Primaria.
http://issuu.com/ceipmestrerodriguezxixirei/docs/contacontos_en_sargadelos

24 abril 2014

DÍA DO LIBRO 2014

O mércores pasado, 23 de abril de 2014, celebramos no colexio o DÍA DO LIBRO con algunhas actividades. Os alumnos e alumnas de Educación Infantil elaboraron uns marcapáxinas de vacas, posto que están a traballar nun proxecto sobre A VACA. Os alumnos e alumnas de Educación Primaria fixeron cadanseu MINI LIBRO, xunto cun mural sobre os seus LIBROS FAVORITOS.
Aquí podedes ver algunhas imaxes deste día:








26 marzo 2014

TRABALLOS EN INGLÉS

Neste curso os alumnos e alumnas do noso colexio están a estudar diferentes países e cidades do mundo. Esta é unha pequena mostra do que están a facer sobre o país de GALES.