20 diciembre 2021

Descubrimos e xogamos


Seguimos a desfrutar da nosa Biblioteca, dende descubrir contos novos ata xogar con Lego e crear mundos propios. Próximamente darémoslle vida nova a este blog, e seguiremos subindo novidades e actividades! 

#bibliotecadoxixirei #escolaactivaeinxlusiva 


09 diciembre 2021

Máis novidades


 Recibimos novidades dentro do catálogo constantemente. Hoxe queremos compartir con vós estes contos que fomentan a positividade e o empoderamento. 

"De mayor quiero ser... feliz" pertence a esta serie de contos da autora Anna Morato García dirixidos a ensinar sobre as emocións, como xestionalas. 

Estes contos son só un pequeno exemplo de todo o que podedes encontrar no noso espazo da biblioteca, aberto a todas e todos! 



#bibliotecadoxixirei #lecturaspositivas

03 diciembre 2021

Contos en LSE


 Hoxe tivemos a sorte de que a profe Cristina fixese sesión de contacontos en lingua de signos (LSE, Lingua de Signos Española) na biblioteca. Ensinou contos inclusivos (con pictogramas, de lectura fácil... ) e explicou o que é a LSE e as posibilidades que ten.  
Seguiremos facendo lecturas todo o mes de decembro, para todas as idades! 

Ademais, teredes dispoñibles na biblioteca libros adaptados á lectura fácil. 


Día internacional dos dereitos das persoas con discapacidade


O día 3 de decembro lembramos o día Internacional dos dereitos das persoas con discapacidade. Na porta da Biblioteca fixemos unha selección de contos sobre inclusión e diversidade funcional. Moitos destes contos pertencen á Maleta Viaxeira, que teremos con nós durante unhas semanas. 

Anímaste a descubrir? 



02 diciembre 2021


 

Kiko recorre un novo camiño para ir ao instituto e descobre unha casa que nunca vira.... 


#bibliotecadoxixirei

#novidades

#misterio 

@bescolaresgal

@edu.xunta

01 diciembre 2021


 

Descubre como funciona  o cerebro humano coa axuda do Premio Nobel e neurocientífico Dr. Santiago Ramón y Cajal


#bibliotecadoxixirei

#neurociencia

@bescolaresgal

@edu.xunta

30 noviembre 2021



 Unha historia de amor incrible dunha nena orfa que sinte que non a queren. Ana é unha pioneira, unha nena empoderada, intelixente e cunha imaxinación desbordante 


#bibliotecadoxixirei

#novidades

@bescolaresgal

@edu.xunta

25 noviembre 2021

22 noviembre 2021


 La mejor mamá del mundo. O universo único e fascinante de Benjamin Lacombe a través dunha tenra homenaxe ao amor maternal con dezaoito retratos que xogan coa poesía e o humor donde podrás apreciar a esencia da maternidade en todas as súas variantes.

#bibliotecadoxixirei #librosilustrados #escolaactivaeinclusiva

@bescolaresgal @edu.xunta

20 noviembre 2021








 Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia

                                                  #formacion @bescolaresgal

19 noviembre 2021


 

Concurso aberto para desejar a mascota da biblioteca do Xixirei 

#bibliotecadoxixirei

#dinamizaciondalinguagalega



Ultimando o novo esparzo para profesorado e familias na biblioteca do Xixirei


#bibliotecadoxixirei #escolaactivaeinclusiva@bescolaresgal @edu.xunta

16 noviembre 2021


 Fomos elegidos un dos 25 centros de nova incorporación no proyecto de Biblioteca Creativa. Agradecidas

#bibliotecadoxixirei @bescolaresgal @edu.xunta


Creativa--Maleta Viaxeira

#bibliotecadoxixirei @bescolaresgal @edu.xunta

 

12 noviembre 2021


Novas lecturas na biblioteca do Xixirei. Libros para ler na escola, en familia, reflexionar e dialogar. Educación inclusiva 

#bibliotecadoxixirei #escolaactivaeinclusiva #inclusion #autoestima #cooperacion 
@bescolaresgal @edu.xunta

 

04 noviembre 2021



 Salvaje é a historia ducha nena que nace, medra e vive feliz na natureza onde os paxaros lle ensinaron a falar, os osos a cazar e a comer. É completamente feliz ata que un día ...

#respeto #tolerancia#diversidade #inclusion#bibliotecadoxixirei @bescolaresgal @edu.xunta

28 octubre 2021



Lecturas para o Samaín

-El banquete de los monstruos

-Soy el gato de la bruja

-Los minimuertos

-Unha cea monstruosa

-Cuentos de Edgar Allan Poe

#bibliotecadoxixirei #xixirei @bescolaresgal @edu.xunta

 



Para a sesión de inauguración da Biblioteca a Nosa compañera Bibiana escenifico cantos para Infantil e leu fragmentos de cantos para Primaria 

#bibliotecadoxixirei #proxectodebiblioteca #escolaactivaeinclusiva
@bescolaresgal @edu.xunta

27 octubre 2021

Estreamos novo espazo para a Biblioteca do Xixirei






Depois de meses de traballo e espera, por fin estreamos o novo espazo para a Biblioteca do Xixirei. Moitas gracias pola espera e a disfrútala!!!

#bibliotecadoxixirei #proxectodebiblioteca #escolaactivaeinclusiva
@bescolaresgal @edu.xunta

05 mayo 2021


XELA ARIAS



Obradoiro “A familia a Diario” ao redor de Xela Arias. Impartido por Andrea Barreira e coordinado por @aelg.galiza( asociación de escritores e escritoras en lingua galega) 



 

23 abril 2021


23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO


E seguimos traballando no conto viaxeiro 📖


 



23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

O 23 de abril celébrase o Día do Libro, con esta efeméride aléntase a descubrir o pracer da lectura e a reflexionar sobre a importancia da lectura como ferramenta que nos axuda a expandir os nosos horizontes ao mesmo tempo que nos aporta capacidade de pensamento crítico e alimentar a nosa imaxinación ❣️





 

19 abril 2021



CONTO VIAXEIRO


     Argallando para o día do libro 😍




 


XELA ARIAS

Non te amola é un texto inédito de narrativa infantil de gran sensibilidade e riqueza de pensamento. Ilustrado por @luzbeloso 🤍 




 

15 abril 2021


PLAMBE



Encontros do Plan de mellora de Bibliotecas escolares 2020-2021 . Tarde de formación 



 

14 abril 2021

PANTALLAS E REDES SOCIAIS



Fala con el@s de pantallas e redes sociais 📱

Nova adquisición para a biblioteca. Un libro moi interesante que recomendamos tanto para alumnado como familias.

Unha parte está destinada a país e nais, mentres que a outra está enfocada para as nenas e os nenos.



 

12 abril 2021




Ordenar, expurgar, colocar, clasificar... todo esto é o que temos pensando facer neste mes na biblioteca do Xixirei 📚



 

25 marzo 2021

24 marzo 2021



TU CUERPO ES ÚNICO


A falta de autoestima e a presión provocada polos modelos de beleza irreais afectan á saúde física e mental das adolescentes. O teu corpo é unico e extraordinario. Aprende a querelo 💜



 

21 marzo 2021


DÍA MUNDIAL DA POESÍA



O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía co obxectivo de apoiar a diversidade linguística e dar a oportunidade ás línguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades respectivas 


 

16 marzo 2021


ABRAZOS 💗


Abrazos conta a historia dun león de pelo roxo que sabía ler e escribir; e ao que lle chega, por casualidade, un paquete cun libro sobre abrazos ❣️



 

11 marzo 2021



SUPER SORDA


Ir ao cole e facer amigos pode ser moi difícil. Pero, ir ao cole e facer amigos cando levas un audífono enorme atado ao peito? Para iso fan falta superpoderes!!! 


 

10 marzo 2021


PIPPI MEDIASLONGAS


Un clásico universal e imprescindible, por fin en galego para gozar das aventuras e extravagancias dunha nena rebelde, simpática e extrovertida 



 

08 marzo 2021

A LAVANDEIRA DE SAN SIMÓN


A Illa de San Simón foi, durante a guerra civil, cadea e campo de concentración de máis de seis mil homes inocentes. Moitas foron as mulleres que, desinteresadamente, axudaron a facerlles máis soportable a condena levando comida e roupa limpa á illa. 
A lavandeira de San Simón recupera as voces silenciadas da historia. 



 



LA REBELIÓN DE LAS CHICAS



É na aula dun colexio onde a protagonista empeza a decatarse das inxustizas que sofren as nenas da súa aula polo simple feito de selo... Patriarcado, uso da linguaxe, estereotipos.. #xixirei


 

04 marzo 2021


   8 DE MARZO

Este ano queremos darlle visibilidade ás mulleres trans e concienciar sobre a igualdade de oportunidades e o rexeitamento da transfobia






 


          8 DE MARZO


Comezamos a traballar o 8M, animádevos a participar no concurso 💜💜💜 


 

02 marzo 2021


LA GRAN FÁBRICA DE PALABRAS

    Este fermoso álbum ilustrado preséntanos un país no que as palabras costan cartos, polo que só os máis ricos poden falar mentres que o resto queda calado ou ben confórmase coas palabras que atopa tiradas 🤍🤍 

 

01 marzo 2021

O AÑO QUE  É UN PORQUIÑO


As ovellas pastan no prado cos seus bonitos xerseis brancos. Os porcos están na poza envorcallándose na lama. Ás ovellas e aos porcos parécelle moi estraño!!!!
Un conto ideal para falar coas nenas e cos nenos sobre xénero e identidade . Identidade de xénero💚💜💙💛🧡 






 

25 febrero 2021

Adquisición novas para a Biblioteca



El libro rojo de las niñas.Naceu para acompañar e empoderar ás nenas no seu camiño hacia a madurez. 
El l libro violeta. Ás veces non é xusto encasillar aos nenos e ás nenas nunha so cor. Todos temos un pouco de masculino e feminino,e desta mestura xurden infinidade de matices. 💜




 

22 febrero 2021

Quérote


Quererse. Un estado, unha oportunidade, unha sorpresa, un sentimento, unha sensación, unha emoción ❣️❣️







 

18 febrero 2021

Los secretos de Winterhouse



Historias xuvenís que nos trasladan durante un tempo a un misterioso e incrible hotel con moitos segredos dentro 🕵️‍♂️🕵️‍♀️ 





 

15 febrero 2021

Invisible


A novela Invisible de Eloy Moreno trata o tema do acoso escolar, con gran sensibilidade, despertando a conciencia do lector sobre as consecuencias dos seus actos nos demais. Narrada desde a perspectiva do que mira e non fai nada.