08 febrero 2022

A biblioteca nas ondas

 O equipo de voluntariado da biblioteca botou hoxe a andar un proxecto que levan moito tempo preparando... O seu propio podcast! Titulárono "Biblioteca nas ondas", partindo do nome da radio do Xixirei, "Xixirei nas Ondas". O seu primeiro programa, que dura arredor dun minuto, trata sobre a Lectura Fácil, pero se queredes saber máis tedes que premer aquí e escoitalo. 

O seguinte programa xa está en marcha! 

07 febrero 2022

Novo episodio de Xixirei nas Ondas

 Onte publicamos o xa gravado programa de Xixirei das Ondas no que as alumnas e os alumnos de cuarto, coa guía da mestra Sabela, entrevistaban aos compañeiros N, N, G e E pola súa publicación do cómic "El Regreso de los Dinosaurios". Podédela atopar premendo aquí

Con esta entrevista retómase a radio do Xixirei, á vez que a clase de cuarto repasaba o que era unha entrevista, como se fai e o proceso de gravación. As rapazas e rapaces puideron ver cales eran as normas para utilizar o equipo de gravación, como é un micrófono profesional e como se ven as súas voces no programa de ordenador. 

Deixámosvos aquí o noso perfil de iVoox para que escoitedes tamén os programas anteriores. 

Esperamos que vos guste! 

06 febrero 2022

Biblioteca creativa

 Xa estamos listas e listos para empezar a compartir todo o que estivemos facendo en relación ao proxecto de Biblioteca Creativa! O noso equipo de voluntarias e voluntarios de sexto leva semanas traballando para ter todo listo, así que pronto comezaremos a compartir os proxectos que estamos levando a cabo no centro. A través do noso instagram (@ceip_mestre_rodriguez_xixirei) estivemos amosando os pequenos avances.... 


Pronto saberedes máis, non perdades detalle!