20 diciembre 2021

Descubrimos e xogamos


Seguimos a desfrutar da nosa Biblioteca, dende descubrir contos novos ata xogar con Lego e crear mundos propios. Próximamente darémoslle vida nova a este blog, e seguiremos subindo novidades e actividades! 

#bibliotecadoxixirei #escolaactivaeinxlusiva 


09 diciembre 2021

Máis novidades


 Recibimos novidades dentro do catálogo constantemente. Hoxe queremos compartir con vós estes contos que fomentan a positividade e o empoderamento. 

"De mayor quiero ser... feliz" pertence a esta serie de contos da autora Anna Morato García dirixidos a ensinar sobre as emocións, como xestionalas. 

Estes contos son só un pequeno exemplo de todo o que podedes encontrar no noso espazo da biblioteca, aberto a todas e todos! 



#bibliotecadoxixirei #lecturaspositivas

03 diciembre 2021

Contos en LSE


 Hoxe tivemos a sorte de que a profe Cristina fixese sesión de contacontos en lingua de signos (LSE, Lingua de Signos Española) na biblioteca. Ensinou contos inclusivos (con pictogramas, de lectura fácil... ) e explicou o que é a LSE e as posibilidades que ten.  
Seguiremos facendo lecturas todo o mes de decembro, para todas as idades! 

Ademais, teredes dispoñibles na biblioteca libros adaptados á lectura fácil. 


Día internacional dos dereitos das persoas con discapacidade


O día 3 de decembro lembramos o día Internacional dos dereitos das persoas con discapacidade. Na porta da Biblioteca fixemos unha selección de contos sobre inclusión e diversidade funcional. Moitos destes contos pertencen á Maleta Viaxeira, que teremos con nós durante unhas semanas. 

Anímaste a descubrir? 



02 diciembre 2021


 

Kiko recorre un novo camiño para ir ao instituto e descobre unha casa que nunca vira.... 


#bibliotecadoxixirei

#novidades

#misterio 

@bescolaresgal

@edu.xunta

01 diciembre 2021


 

Descubre como funciona  o cerebro humano coa axuda do Premio Nobel e neurocientífico Dr. Santiago Ramón y Cajal


#bibliotecadoxixirei

#neurociencia

@bescolaresgal

@edu.xunta