09 junio 2020

Contaconto Os nosos bosques

Diego García, educador ambiental de Miudiño S. Coop. Galega cóntanos un conto, baseado en "Os nosos bosques", libro autoeditado e ilustrado por Clara Cerviño, primeiro da colección "Coñecer para amar". No canal de YouTube de Miudiño podedes ver e escoitar máis vídeos de contacontos, obradoiros, xogos...

04 junio 2020

A Música das Baleas, "A peor xogada"

Este videoclip é unha parte do premio ao grupo A Música das Baleas, como gañador na categoría infantil do IV Certame de música infantil e xuvenil Quero Cantar. Foi estreado o 13 de febreiro de 2020.

01 junio 2020

Vampira de biblioteca

En maio a Editorial Xerais publicou unha nova novela de Ledicia Costas, "Vampira de biblioteca". É unha historia moi entretida sobre unha nena vampira, os seus dous compañeiros morcegos "Xa" e "Mon", o seu encontro cunha familia humana e un animal moi especial, e a loita que deben facer contra as couzas que están a devorar os libros dunha biblioteca.
Eu lina esta fin de semana e gustoume moito, pois é moi entretida  e divertida. Tamén fainos reflexionar sobre esta tendencia que temos os adultos e as rapazas e rapaces a pasar demasiado tempo con aparatos dixitais, no canto de divertirnos empregando a imaxinación.