12 febrero 2019

Burbullas de papel


O pasado venres as alumnas e os alumnos de Educación Infantil foron a Santiago ver unha obra de teatro titulada “Burbujas de papel”, unha proposta de Afundación, representada no Auditorio Abanca deSantiago e dirixida a centros escolares.

Nesta obra as artes protagonistas son a danza e a música. Foi creada e é representada pola compañía Múcab Dans, e foi gañadora do Premio ao mellor espectáculo familiar 2014 na Feria de Teatro deCastilla y León, celebrada en Ciudad Rodrigo.
O espectáculo sen palabras combina a danza, a música e a interacción multimedia, e invita a xogar desde a imaxinación ás rapazas e aos rapaces.
Ao noso alumnado gustoulle moito esta proposta, que foi seguida con grande interese!