28 enero 2016

Visita de Anxo Moure

Aquí podedes ver un vídeo sobre a visita de Anxo Moure ao noso Colexio. Premede nesta imaxe se queredes velo.

27 enero 2016

VISITA DE ANXO MOURE

  VISITA DE ANXO MOURE
Este pasado luns 25 recibimos no noso colexio a visita do escritor Anxo Moure. Tanto os rapaces e rapazas de Educación Infantil como de Primaria ficaron asombrados coas propostas que lles fixo. En palabras do alumnado de 5º e 6º, foi divertido, inspirador, fíxolles rir moito e pasoulles o tempo voando. Faloulles un pouco da súa vida, díxolles que xa viñera unha vez hai moitos anos a este colexio e que daquela xa lle encantara. Tamén quedaron asombrados cando o viron marchar en patinete, ata Santiago! Faloulles da súa casa nunha árbore e de que os primeiros domingos de mes, xunto con outras persoas, báñase no río Miño, en Chantada. Falou da importancia da reciclaxe, da conservación da Natureza e das relacións entre as persoas, entre outras moitas cousas!
Os pequenos tamén pasárono moi ben, lembran os “Contos solidarios” que lles contou, que fixo moitas bromas e que ata comía contos! Anxo Moure veu cos seus títeres, unha campá, unha bota cun carballo plantado nela, unha rede cazacontos, un paraugas, un teléfono, tocou a flauta... Tamén riron moito, cantaron e estiveron moi atentos a todo. Moitas das súas propostas podédelas ver na súa páxina web, á que podedes entrar desde este enlace, é moi interesante e paga a pena visitala.
Coa súas representacións, Anxo Moure transmítenos o amor pola natureza e de que temos que vivir con respecto ao medio ambiente, que temos que coidar o planeta no que vivimos, sen andar deixando lixo por aí, contaminando o menos posible e coñecendo o noso medio ambiente, e que é moi importante a educación para a Paz.






21 enero 2016

AVIÓNS

https://youtu.be/MGp-qlgETjs
No noso Centro, dentro do proxecto de Biblioteca "Voando cos libros", estamos a ver e facer diversos modelos de avións, dos que aquí tedes unha mostra. PREMEDE NA IMAXE se queredes ver un VÍDEO amosándoos.

12 enero 2016

LIBROS LIDOS EN EDUCACIÓN INFANTIL

Estas son tres das últimas lecturas que tiveron éxito nas nosas aulas de Educación Infantil: "A viaxe de Pancho" na aula de 3 anos, "A vaca que puxo un ovo" en 4 anos, e "Eu non fun!" na de 5 anos. Se premes en cada unha das portadas podes ver información de cada libro.
 

http://www.kalandraka.com/fileadmin/images/books/dossiers/A-viaxe-de-Pancho-G_01.pdf

https://vimeo.com/145529484

http://www.kalandraka.com/fileadmin/images/books/dossiers/Eu-non-fun-G_01.pdf

LECTURAS PARA O SEGUNDO TRIMESTRE


http://jacobofernandezserrano.blogspot.com.es/2012/10/marcopola-illa-remeira.html

http://blog.xerais.gal/2013/manuel-rivas-volve-a-literatura-infantil-con-o-raposo-e-a-mestra/

https://milcousas.wordpress.com/
 Preme nas imaxes para ver información destes libros.
http://xerais.blogaliza.org/2010/06/13/%C2%ABa-filla-do-ladron-de-bicicletas%C2%BB-de-teresa-gonzalez-costa-premio-merlin-2010/

http://www.editorialgalaxia.es/catalogo/libro.php?id_libro=0010340049

11 enero 2016

NOVO LIBRO NO CLUBE DE LECTURA

http://mariasolar.com/web/es
No Clube de Lectura de 3º e 4º comezan neste trimestre a ler e traballar sobre un novo título de narrativa, "A verdadeira historia da mosca da tele", da autora María Solar. Se queredes visitar a súa páxina web podedes premer neste ENLACE ou mesmo na imaxe da portada do libro.