27 enero 2016

VISITA DE ANXO MOURE

  VISITA DE ANXO MOURE
Este pasado luns 25 recibimos no noso colexio a visita do escritor Anxo Moure. Tanto os rapaces e rapazas de Educación Infantil como de Primaria ficaron asombrados coas propostas que lles fixo. En palabras do alumnado de 5º e 6º, foi divertido, inspirador, fíxolles rir moito e pasoulles o tempo voando. Faloulles un pouco da súa vida, díxolles que xa viñera unha vez hai moitos anos a este colexio e que daquela xa lle encantara. Tamén quedaron asombrados cando o viron marchar en patinete, ata Santiago! Faloulles da súa casa nunha árbore e de que os primeiros domingos de mes, xunto con outras persoas, báñase no río Miño, en Chantada. Falou da importancia da reciclaxe, da conservación da Natureza e das relacións entre as persoas, entre outras moitas cousas!
Os pequenos tamén pasárono moi ben, lembran os “Contos solidarios” que lles contou, que fixo moitas bromas e que ata comía contos! Anxo Moure veu cos seus títeres, unha campá, unha bota cun carballo plantado nela, unha rede cazacontos, un paraugas, un teléfono, tocou a flauta... Tamén riron moito, cantaron e estiveron moi atentos a todo. Moitas das súas propostas podédelas ver na súa páxina web, á que podedes entrar desde este enlace, é moi interesante e paga a pena visitala.
Coa súas representacións, Anxo Moure transmítenos o amor pola natureza e de que temos que vivir con respecto ao medio ambiente, que temos que coidar o planeta no que vivimos, sen andar deixando lixo por aí, contaminando o menos posible e coñecendo o noso medio ambiente, e que é moi importante a educación para a Paz.






No hay comentarios:

Publicar un comentario