17 diciembre 2015

Visita á Biblioteca Ánxel Casal e Correos

https://youtu.be/MGp-qlgETjs
No noso Centro, dentro do proxecto de Biblioteca "Voando cos libros", estamos a ver e facer diversos modelos de avións, dos que aquí tedes unha mostra. PREMEDE NA IMAXE se queredes ver un VÍDEO amosándoos.

VISITA Á BIBLIOTECA ÁNXEL CASAL E CORREOS

Visita á Biblioteca Ánxel Casal e Correos

Este pasado mércores, os alumnos e alumnas de 3º e 4º foron visitar a biblioteca Ánxel Casal, en Santiago, como agasallo de grupo por estar no Clube de Lectura. Alí explicáronlles o funcionamento da biblioteca, ensinándolles todas as depedencias. Na Sala Infantil viron como funcionaba o Autopréstamo. Finalmente, déronlles copias de solicitude para quen quixer facerse socio/a desta Biblioteca. Dámoslles as gracias ao persoal da mesma pola súa acollida e atención.

Máis tarde fixeron a visita á oficina de Correos da Rúa do Franco, tamén en Santiago. Alí amosáronlles o proceso que leva a carta desde que chega. Os alumnos e alumnas entrevistáronse cun carteiro, quen lles explicou o seu traballo. Despois probaron os cascos, andaron coa carreta… Pasárono moi ben e quedamos agradecidos á amabilidade e cordialidade que recibimos.

Moitas gracias a todos e a todas!








FALANDO CO AVÓ

Este pasado martes, para dar por rematada as actividades co libro O estanque dos parrulos pobres, e dado que a trama principal xiraba arredor da relación dun avó coa súa neta, os alumnos e alumnas de 3º e 4º recibimos a visita do avó de Lucía Xian de 3º, que se chama Antonio, que prestouse a vir falar ao colexio e fíxoo da súa profesión de bombeiro no aeroporto de Lavacolla, que tamén se relaciona co proxecto no que estamos a traballar: Voando cos libros. Entre outras moitas cousas, explicounos en que consiste este traballo, contounos que estivo presente en varios acontecementos relevantes ocorridos aquí, como o accidente de El Españoleto en 1978 e dounos moitos consellos de como actuar en caso de incendio. Tamén fixo entrega das “Chapas do Clube”, identificacións persoais como membros do clube, e escolleu mediante sorteo o agraciado co Boneco do Clube de Lectura (agasallo elaborado pola nai de Samuel de 3º). 

15 diciembre 2015

ZAMPACONTOS RECOMENDA...

https://issuu.com/ceipmestrerodriguezxixirei/docs/boletin_nadal_
Xa podedes ver as lecturas recomendadas para este Nadal. Desexámosvos que neste Nadal disfrutedes, tamén, coa lectura!

01 diciembre 2015

VOANDO NO ITINERARIO LECTOR

Durante este primeiro trimestre, e dentro do proxecto proposto pola Biblioteca do centro “Voando cos libros”, todas as aulas do colexio participan nun itinerario lector. Trátase de que cada aula leve o seu avión desde o aeroporto de Lavacolla, facendo escala nos aeroportos Adolfo Suárez de Madrid, e no de Heatrrow, en Londres, para finalizar no aeroporto Galeao, en Río de Janeiro. Para cobrir cada etapa é preciso que na aula vian lendo libros. Chegarán ao seu destino cando teñan lido todos os libros programados en cada aula. Como vedes nas imaxes, os avións están en marcha. Desexámoslles unha feliz e proveitosa viaxe!











30 noviembre 2015

Xosé Neira Vilas



O escritor Xosé Neira Vilas faleceu o pasado 27 de novembro, aos 87 anos de idade. Ademais dunha obra mestra da literatura galega, Memorias dun neno labrego, foi autor doutras obras narrativas (Xente no rodicio ou libros infantiís como Cartas a Lelo ou O cabaliño de buxo), de poesía e ensaios. Nos anos nos que viviu en Arxentina e Cuba adicouse a salvagardar a memoria da emigración. De volta a Galicia, en 1992, desenvolveu unha intensa actividade cultural a través da fundación do seu nome, entre outras moitas actividades relacionadas coa cultura galega.
No CEIP de Frian-Teis de Vigo teñen elaborado, entre outras, actividades sobre Xosé Neira Vilas. Preme aquí para acceder a elas. 

29 octubre 2015

Entrega dos premios do Gran Concurso de Contos de Medo







Este pasado xoves, 28 de outubro, no salón de actos do colexio, entregáronse os premios do Gran Concurso de Contos de Medo. Neste curso foron premiados os contos de Marta de 1º de Primaria, Sara e Roi de 2º e Marta de 5º. Deuse unha gran participación, que esperamos se repita en sucesivos cursos. Moitas grazas a todos e a todas polo voso traballo!












CLUBE DE LECTURA CONTÍN


Os alumnos e as alumnas de 3º e 4º de Primaria están a ler "O estanque dos parrulos pobres", de Fina Casalderrey, debatindo, no tempo de lectura, sobre o que leron na casa.

28 octubre 2015

23 octubre 2015

Voando avións

https://youtu.be/St5dl5QoTsQ
Este xoves pasado, na aula de 5 anos de Educación Infantil fixemos voar os avións que tiñamos feitos na aula en ogirami. Esta actividade ecádrase no proxecto da nosa Biblioteca, VOANDO COS LIBROS. Preme na imaxe se queres ver un resumo en vídeo.

Día das Bibliotecas Escolares 2015

 http://issuu.com/ceipmestrerodriguezxixirei/docs/formaci__n_de_usuarios?e=10893818/30894592
Este pasado xoves 22 de outubro foi o Día das Bibliotecas Escolares 2015. No noso colexio as diferentes aulas de Educación Primaria asistiron a sesións de Formación de Usuarios. Se queres ver un resumo gráfico da actividade preme na fotografía.

07 septiembre 2015

VOANDO COS LIBROS

Ola a todos e a todas! Comezamos un novo curso con moita ilusión e gañas de traballar, aprender e realizar novas experiencias e, sobre todo, con gañas de pasalo moi ben!

Por fin!, estamos no Plambe, co proxecto...
“VOANDO COS LIBROS”


Para desenvolvelo imos precisar a axuda e colaboración de todos e todas. Estades invitados e invitadas. 
 

11 junio 2015

02 junio 2015

MÁIS SOBRE XAIME E AS LANDRAS

https://youtu.be/l99zBmqFp5M
Premendo nesta imaxe podes ver un vídeo sobre a actividade que levaron a cabo os alumnos e alumnas deste Colexio.

Xaime e as landras

http://issuu.com/ceipmestrerodriguezxixirei/docs/xaime_e_as_landras

Os alumnos e alumnas de 6º prepararon este conto e contáronllo aos alumnos e alumnas de Educación Infantil do noso Colexio. Preme nesta imaxe se queres ver os debuxos que fixeron, esperamos que che guste.

01 junio 2015

XAIME E AS LANDRAS

Os alumnos e as alumnas de 6º fixeron un traballo sobre este conto. Aquí tedes unha presentación da actividade. E preparádevos porque axiña veredes os seus debuxos, son espectaculares!

13 mayo 2015

PREMIO NO V CONCURSO DE CARTEIS DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Onte martes, os alumnos e alumnas de Educación Infantil de 5 anos do noso Centro, gañaron o segundo premio no V Concurso de Carteis do Día das Letras Galegas, organizado pola Biblioteca Anxel Casal de Santiago. Noraboa!
Se queredes visitar a páxina de dita Biblioteca, premede na segunda imaxe.

FESTA DAS LETRAS GALEGAS



O pasado venres, celebramos no colexio o Día das Letras Galegas. Comezamos a celebración cunha posta en escena da obra de teatro “A maxia das verduras”, preparada por un grupo de alumnas e un alumno, baixo a dirección da profesora Carmen. Despois fíxose entrega dos premios aos mellores lectores e lectoras (quen leron máis ao longo do curso) e deuse un agasallo ás alumnas colaboradoras da biblioteca, recoñecéndolles o seu traballo desinteresado. Máis tarde cantamos o Himno Galego e, para finalizar, cantamos arredor do noso Maio

30 abril 2015

Actuación "AXente Corrente"

Onte mércores asistimos á actuación do grupo Xoglares, con temas musicais baseados no libro-disco “AXente Corrente” , parte dun programa didáctico de educación viaria levado a cabo por Agasalle Contenidos e que conta coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela. Se queres visitar a súa páxina web preme nesta imaxe.

22 abril 2015

PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS

Este pasado martes celebramos o día do libro (aínda que é o 23, adiantámolo para ter bo tempo) coa actividade dos padriños e madriñas lectoras. Se queredes ver un vídeo sobre a actividade, premede sobre esta imaxe.

21 abril 2015

O CONTO VIAXEIRO

Se queres ver as actividades que se están a facer en "O conto viaxeiro", tanto o noso Centro como os outros colexios do Concello de Santiago, preme na imaxe para visitar a páxina web. Tamén podes facelo premendo no primeiro enlace situado na columna esquerda do noso blogue.

09 abril 2015

Contacontos na Galería Sargadelos

O pasado mércores os alumnos e as alumnas de Infantil asistiron a unha sesión de contacontos na Galería Sargadelos, participando na XV Campaña Municipal de Animación á Lectura.

24 marzo 2015

A MERLIÑA

Os alumnos e alumnas de 5º representaron o pasado xoves o conto de "A merliña". Aquí podedes ver un vídeo desta representación

26 febrero 2015

PROXECTO "A XOANIÑA"

http://issuu.com/ceipmestrerodriguezxixirei/docs/proxecto_a_xoani__a?e=10893818/11602764
Os alumnos e alumnas de Educación Infantil, como sabedes, estiveron a traballar durante o primeiro trimestre neste proxecto. Aquí podedes ver un caderno de traballo individual da aula de 4 anos.

19 febrero 2015

O MUNDO RURAL


Neste trimestre, e dentro do proxecto de Biblioteca que estamos a desenvolver no Colexio, no corredor principal do colexio montamos unha exposición sobre ferramentas e trebellos tradicionais.

10 febrero 2015

ENTROIDO 2015

Este curso o Entroido do colexio vai relacionado coa horta e o mundo agrícola, polo que imos vir todos e todas con disfraces relacionados con ese tema. Se queredes ir vendo fotos, podedes ir á GALERIA da páxina web do colexio.