16 abril 2018

Contacontos na Galería Sargadelos


O pasado mércores 11 varias aulas do noso colexio asisitiron na Galería Sargadelos a dúas sesións de Contacontos, no marco da XVIII Campaña Municipal de Animación á Lectura, organizada pola editorial Kalandraka e o Concello de Santiago. Nunha primeira sesión acudiron as alumnas e os alumnos de Educación Infrantil. Más tarde foi o turno do alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria. Os contacontos foron moi entretidos e, ademais, bailaron e cantaron un anaco. E gustoulles moito a decoración, por suposto a relacionada con "A horta de Simón", pois no noso colexio tamén temos unha horta. 

13 abril 2018

Entrevista a Héctor Cajaraville, 1ª parte


Encontro con Héctor Cajaraville


Este pasado mércores as alumnas e os alumnos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria tiveron un encontro co escritor Héctor Cajaraville na biblioteca do noso Centro. Puideron coñecer ao escritor que escribiu, entre outros, o libro "Quen dá a quenda?", editado pola Editorial Xerais. Tiveron a oportunidade de coñecer o proceso de creación dunha obra literaria co seu autor e tamén a este. Foi un encontro moi intersante e nel aprendimos moitas cousas. O alumnado tivo oportunidade de facerlle todo tipo de preguntas relacionadas coa literatura, o proceso de creación literaria e a vida do escritor. Finalmente, as alumnas e os alumnos de 6º puideron facerlle unha entrevista pormenorizada. 
Foi un pracer ter entre nós a Héctor Cajaraville, pola súa proximidade e interese en acegarnos ao gran mundo da literatura. Gracias!