martes, 5 de junio de 2018

Héctor Cajaraville, premio Merlín 2018


Na mañá do pasado venres, 1 de xuño, déronse a coñecer os gañadores e as gañadoras da edición 2018 dos premios Xerais. O premio Merlín de literatura infantil deste ano foi outorgado a Héctor Cajaraville, pola súa novela Kusuma. Desde o noso colexio enviámoslle os nosos parabéns. Neste curso tivemos a oportunidade de telo con nós durante unha mañá e encantounos pola súa proximidade e disposición a falar de literatura. 
Moitas felicidades Héctor!



lunes, 21 de mayo de 2018

María Victoria Moreno


Aquí tedes unha presentación sobre María Victoria Moreno elaborada por alumnas e alumnos de 6º de Educación Primaria. Se queredes ter máis información desta escritora, homenaxeada no Día das Letras Galegas deste ano podedes premer neste enlace ou na imaxe da columna dereita. Aí podes atopar tamén moitas actividades sobre esta autora, realizadas por diferentes colexios de Galicia.

A festa no faiado


Este venres as alumnas e os alumnos de 5º de Educación Primaria representaron esta obra de María Victoria Moreno, a quen se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas. Esta representación é a nosa sinceira homenaxe a esta autora.