Mostrando entradas con la etiqueta escolapublica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta escolapublica. Mostrar todas las entradas

19 abril 2022

Últimas recomendacións cinematográficas

 Rematamos os filmes de animación coas recomendacións destas dúas películas: 


"O libro da selva", EEUU 1967. 

- Película clásica de Walt Disney. 

- Moi boa música. 

- Personaxes moi carismáticos. 

- Os máis pequenos disfrútana moito. 


"Mr. Link" EEUU 2019

- Película de aventuras pero tamén con moito humor. Os máis pequenos tamén a poden desfrutar aínda que perdan parte da trama. 

- Está realizada coa técnica do Stop-Motion. 


Grazas de novo a esta familia por esta doazón e este traballo de análise para que poidamos escollar con máis facilidade! 

04 abril 2022

Máis do mundo do cine

Non perdades as seguintes recomendacións de filmes de animacións, dispoñibles para préstamo na nosa biblioteca:  


"Como entrenar ao teu dragón", EEUU 2010

- Película de aventuras non musical. 

- Destaca pola historia que conta, orixinal e moi emocionante. 

- Pódese facer unha lectura de respecto polos demais, polos que son distintos e nós. Un esforzo á hora de comunicarnos. 


"Ratatouille", EEUU 2007. 

- Unha historia orixinalísima e divertida. 

- Parécenos a mellor película de Pixar. 

- Inclúe unha curta que tamén paga moito a pena ver. 


"O emperador e as súas loucuras", EEUU 2000

- Unha das películas máis locas e graciosas de Disney. Moi divertida. 

- Ten partes musicais. 

- Os personaxes malos son moi atípicos e cóllelles cariño. 

29 marzo 2022

Corre, corre, cabaciña!

 O equipo de voluntariado da biblioteca realizou unha teatralización do conto Corre Corre Cabaciña, para o resto do centro. Aquí tedes pequenos anacos da súa estrea: 




11 marzo 2022

Reseñas audiovisuais

 Dentro da nosa ampliación do horario de biblioteca para as familias, atoparedes varias películas de animación, donadas pola familia de N e M, aos que llo agradecemos de corazón! Porque non só fixeron a doazón, senón que acompañaron os filmes de reseñas escritas, explicando os puntos fortes de cada unha. Gustaríanos compartilos con vós aquí, no blog de Zampacontos, para que vos axuden a elixir! 

Compartiremos con vós 3 cada semana, pero podedes consultalas todas na propia biblioteca.


"A princesa Mononoke", 1997 - Xapón

- Historia complexa para nenos maiores. 

-Lectura en clave "ecolóxica". 

- O cine de Miyazaki é moi diferente do cine americano ao que estamos máis afeitos. Non se basea en encadenar gags senón en contar unha historia. Non plantexa esta historia como un enfrontamento entre bos e malos senón en posicións moito máis grises. 


"O meu veciño Totoro", 1988 - Xapón

- É unha das películas máis famosas de Miyazaki e unha das películas deste directos que os nenos máis pequenos poden desfrutar.

-Unha das características do cine de Miyazaki é incorporar personaxes máxicos que non se sabe moi ben se son reais ou imaxinarios e que, a pesar de que poidan ser estraños para nós, o seu papel non é negativo. Non son monstros nin meten medo, senón que forman parte da historia. 


"O xigante de ferro", 1999- EEUU

-Película con estética moi "retro". 

-Historia moi sólida e ben desenvolvida.

-Algo violenta, con robots que disparan e soldados pelexando por momentos (nada moi excesivo). 

10 marzo 2022

Biblioteca para familias!


 

Como é a nosa biblioteca?

Tras todos os esforzos destes pasados meses podemos afirmar que a nosa biblioteca quedou como un espazo acolledor e de tranquilidade, cheo de luz, para poder soñar, indagar e medrar. Por se aínda non tiveches a oportunidade de ver o espazo, aquí quedan estas fotografías! 





09 marzo 2022

Coloquio na aula de cuarto: A nena invisible

Este pasado trimestre, a clase de cuarto de primaria liu conxuntamente o libro  A nena invisible, escrito por Puño e ilustrado por Marta Altés. Encantoulles tanto a lectura que posteriormente fixeron esta ronda de preguntas e respostas, compartindo impresións sobre a lectura, resaltando a temática de xénero que presenta. 

Como xa vos avanzamos no noso instagram, está dispoñible xa no canle de Xixirei nas Ondas! Tédelo dispoñible aquí. Esperamos que vos guste, e vémonos na próxima lectura! 



08 marzo 2022

Maleta viaxeira... Ou "travelling suitcase"?

 


As maletas viaxeiras son sempre unha nova aventura para desfrutar na nosa biblioteca, e esta vez... En inglés! Tedes aquí os marabillosos exemplares a disposición do alumnado na nosa biblioteca, dende clásicos como The Very Hungry Carterpillar ata continuacións de Winnie The Witch, ou os clásicos do Dr Seuss. 

Seredes capaces de lelos todos? 📕