25 marzo 2021

24 marzo 2021



TU CUERPO ES ÚNICO


A falta de autoestima e a presión provocada polos modelos de beleza irreais afectan á saúde física e mental das adolescentes. O teu corpo é unico e extraordinario. Aprende a querelo 💜



 

21 marzo 2021


DÍA MUNDIAL DA POESÍA



O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía co obxectivo de apoiar a diversidade linguística e dar a oportunidade ás línguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades respectivas 


 

16 marzo 2021


ABRAZOS 💗


Abrazos conta a historia dun león de pelo roxo que sabía ler e escribir; e ao que lle chega, por casualidade, un paquete cun libro sobre abrazos ❣️



 

11 marzo 2021



SUPER SORDA


Ir ao cole e facer amigos pode ser moi difícil. Pero, ir ao cole e facer amigos cando levas un audífono enorme atado ao peito? Para iso fan falta superpoderes!!! 


 

10 marzo 2021


PIPPI MEDIASLONGAS


Un clásico universal e imprescindible, por fin en galego para gozar das aventuras e extravagancias dunha nena rebelde, simpática e extrovertida 



 

08 marzo 2021

A LAVANDEIRA DE SAN SIMÓN


A Illa de San Simón foi, durante a guerra civil, cadea e campo de concentración de máis de seis mil homes inocentes. Moitas foron as mulleres que, desinteresadamente, axudaron a facerlles máis soportable a condena levando comida e roupa limpa á illa. 
A lavandeira de San Simón recupera as voces silenciadas da historia. 



 



LA REBELIÓN DE LAS CHICAS



É na aula dun colexio onde a protagonista empeza a decatarse das inxustizas que sofren as nenas da súa aula polo simple feito de selo... Patriarcado, uso da linguaxe, estereotipos.. #xixirei


 

04 marzo 2021


   8 DE MARZO

Este ano queremos darlle visibilidade ás mulleres trans e concienciar sobre a igualdade de oportunidades e o rexeitamento da transfobia






 


          8 DE MARZO


Comezamos a traballar o 8M, animádevos a participar no concurso 💜💜💜 


 

02 marzo 2021


LA GRAN FÁBRICA DE PALABRAS

    Este fermoso álbum ilustrado preséntanos un país no que as palabras costan cartos, polo que só os máis ricos poden falar mentres que o resto queda calado ou ben confórmase coas palabras que atopa tiradas 🤍🤍 

 

01 marzo 2021

O AÑO QUE  É UN PORQUIÑO


As ovellas pastan no prado cos seus bonitos xerseis brancos. Os porcos están na poza envorcallándose na lama. Ás ovellas e aos porcos parécelle moi estraño!!!!
Un conto ideal para falar coas nenas e cos nenos sobre xénero e identidade . Identidade de xénero💚💜💙💛🧡