18 febrero 2020

DÍA SE SAN VALENTÍN


ROSA ANEIROS NO NOSO COLEXIO


Este venres pasado, 15 de febreiro, as alumnas e os alumnos de 4º, 5º, e 6º tiveron un encontro coa escritora Rosa Aneiros, que chegou ao noso colexio a primeira hora da mañá acompañando a Dora e Erea, as súas afilladas. Pouco despois da hora de entrada contamos con ela na Biblioteca do colexio. Rosa falou de moitas co noso alumnado. En principio viña falar das súas novelas “Xelis e o guieiro das botellas de mar” e máis de “A batalla da pequena Chañan Curi Coca” que o alumnado tiña lido nas súas aulas. Pero, claro, o encontro deu para moito máis, pois houbo moitas preguntas e interese do noso alumnado por coñecer máis do seu traballo e a súa vida. En breve poderedes escoitar esta entrevista na nosa radio "Xixirei nas ondas".
Rosa Aneiros contou un montón de cousas: de onde lle xurdiu a idea de escribir estas novelas, como se lle ocorreron os personaxes, de como é o proceso da escritura, cando e como escribe, canto lle levou cada novela, cal é a novela que máis lle custou e cal a que menos... Preguntas e dúbidas que tiveron a súa correspondente resposta e ás que contestou con interese e de xeito moi próximo aos intereses da rapazada. Foi un encontro moi instrutivo e divertido. E ao final asinou todos os libros que lle levaron todas as alumnas e os alumnos. Moitas gracias!!