17 diciembre 2015

FALANDO CO AVÓ

Este pasado martes, para dar por rematada as actividades co libro O estanque dos parrulos pobres, e dado que a trama principal xiraba arredor da relación dun avó coa súa neta, os alumnos e alumnas de 3º e 4º recibimos a visita do avó de Lucía Xian de 3º, que se chama Antonio, que prestouse a vir falar ao colexio e fíxoo da súa profesión de bombeiro no aeroporto de Lavacolla, que tamén se relaciona co proxecto no que estamos a traballar: Voando cos libros. Entre outras moitas cousas, explicounos en que consiste este traballo, contounos que estivo presente en varios acontecementos relevantes ocorridos aquí, como o accidente de El Españoleto en 1978 e dounos moitos consellos de como actuar en caso de incendio. Tamén fixo entrega das “Chapas do Clube”, identificacións persoais como membros do clube, e escolleu mediante sorteo o agraciado co Boneco do Clube de Lectura (agasallo elaborado pola nai de Samuel de 3º). 

No hay comentarios:

Publicar un comentario