Día de Rosalía 2018
O 24 de febreiro celébrase en toda Galicia o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro (nacera o 24 de febreiro de 1837). A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), ademais das actividades propostas todos os anos desde 2010, como agasallar cun libro en galego e unha flor nese día, encoméndalle cada ano a unha escritora ou a un escritor a elaboración dun manifesto que se propón para ler en todos os actos que se organizan nese día. Esta ano tocoulle a María Reimondez, quen púxolle por título “Abride a fiestra”. O manifesto podedes lelo neste enlace.
No noso colexio sumámonos as actividades propostas por esta asociación, e amosamos fiestras inspiradas en diferentes poemas de Rosalía de Castro, como podedes ver nas imaxes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario