06 mayo 2019

Novas do encontro con María Canosa

O xoves 23 de abril estivo no noso colexio a escritora María Canosa, que escribiu o libro Muriel e tamén “Rubicundo”, que limos no colexio neste último trimestre. Falou sobre un montón de cousas e, sobre todo, explicounos moitos detalles dun dos libros que limos na clase este curso, “Muriel”. Contounos que lle custou moitísimo encontrar o nome do protagonista e que ao final decidiuse por Muriel. Este libro gustou moito ás alumnas e os alumnos de 5º de Educación Primaria. Contounos que ás veces no libro non poñía cousas que nós podíamos deducir, como cantos anos tiña Rubicundo, ou que pasara coa avoa de Muriel. 


Explicounos que é o que significaba no seu pobo a palabra pedro. Sabedes que significaba? É un raposo!. A palabra non aparece no dicionario da Real Academia Galega, nin en ningún outro con ese significado.


María Canosa conseguiu o Premio Merlín con esta obra, con moito esforzo e sen renderse, porque se presentou a este premio catro veces. Na cuarta ocasión xa non tiña esperanza de recibilo, ata que un día, tempo despois de terse presentado, chamárona para informala de que llo tiñan concedido. Cando soubo que era a gañadora non podía parar de chorar. A súa familia ao vela non entendían nada e non sabían que estaba a pasar ata que por fin dixo: “Merlín!”. A súa nai, que tamén é escritora deuse de conta enseguida:
-Gañou o premio Merlín!
Cando nos contou isto, María Canosa emocionouse.

O libro Rubicundo lérono en... En 5º non o lemos, pero polo que nos falou del tiña moi boa pinta!

    Texto elaborado por Sara Domínguez, Miriam Rodríguez e Sara Rodríguez, da aula de 5º de Educación Primaria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario