31 marzo 2016

María Solar no noso colexio

Esta semana tivemos a sorte de recibir a visita de María Solar, escritora e xornalista. Os nosos alumnos e alumnas de 3º e 4º, dentro das actividades programadas no seu clube de lectura "Contín", puideron charlar con ela sobre a súa obra, que previamente liran, "A verdadeira historia da mosca da tele". A autora contoulles, entre outras cousas, o proceso de creación da novela, e as súas experiencias relacionadas con ela. Foi unha xuntanza moi entretida e ao final ata firmoulles cadanseu libro a todos os alumnos e alumnas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario