Neste Entroido traballamos as máscaras venecianas e aprendemos moitas cousas sobre Venecia, situámola no mapa e coñecemos a súa
historia e a súa arte, investigamos sobre personaxes venecianos célebres como
Marco Polo, Vivaldi, ..., coñecemos como é a cidade na actualidade,
estudamos o seu famoso Carnaval e soubemos do seu prestixioso festival de cine.
Aprendimos que
Venecia é unha cidade que está no norte de Italia e que é unha das cidades máis
singulares do mundo, cos seus famosos canales e a beleza dos seus edificios. Sabemos que foi a
patria de moitos personaxes famosos, tales como o gran viaxeiro Marco Polo, o
gran xenio da música Antonio Vivaldi.
Sabemos que hoxe
en día é unha das cidades máis fermosas do mundo, que foi declarada Patrimonio
da Humanidade e que alberga grandes obras artísticas, tanto en arquitectura
como en pintura e escultura. Coñecemos os graves problemas que
ten esta cidade, que se está a afundir pouco a pouco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario