15 octubre 2018

Viaxe a Mozambique




O xoves pasado, como actividade remate do noso proxecto de Biblioteca sobre África, levado a cabo durante o curso pasado, a profe Lorena contounos como fora a súa viaxe a Mozambique, que fixo durante o verán. Tamén ensinounos fotos de diferentes lugares nos que estivo, como as que mostran a súa visita á escola Lifidzi, as que mostran como visten moitas mulleres, coas súas capulanas, como son os mercados, o safari polo parque Gorongosa, e moitas experiencias máis. Foi moi interesante! Gracias, Lorena!

21 septiembre 2018

Comezamos un novo curso!!

Ola a todas e a todos! Comezamos este novo curso con moitas ganas de aprender e facer moitas cousas! Como sabecdes, desde hai uns cursos o noso colexio participa no PlanB de Mellora das Bibliotecas Escolares, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Neste curso, o noso proxecto de Biblioteca leva por título "ELAS: rompendo moldes", co que imos descubrir o papel moitas veces descoñecido e esquecido que teñen as mulleres en todos os eidos. Como exemplo, podedes coñecer a esta sobresaliente muller matemática galega. Premede na foto e máis no seu nome para ver algunha información sobre ela. 
                                                            María Wonenburger

05 junio 2018

Héctor Cajaraville, premio Merlín 2018


Na mañá do pasado venres, 1 de xuño, déronse a coñecer os gañadores e as gañadoras da edición 2018 dos premios Xerais. O premio Merlín de literatura infantil deste ano foi outorgado a Héctor Cajaraville, pola súa novela Kusuma. Desde o noso colexio enviámoslle os nosos parabéns. Neste curso tivemos a oportunidade de telo con nós durante unha mañá e encantounos pola súa proximidade e disposición a falar de literatura. 
Moitas felicidades Héctor!