03 marzo 2017

Mensaxe de Zampacontos








Onte xoves Zampacontos deixounos a súa mensaxe na entrada do colexio. Desta vez a mensaxe contén instrucións para levar a cabo a actividade da POESÍA VIAXEIRA. As diferentes aulas do cole van ir participando nesta actividade, que comezará o 6 de marzo e rematará o 23 do mesmo mesmo mes, permitindo así que celebremos o Día Mundial da Poesía, o 21 de marzo.



02 febrero 2017

DESTINO EUROPA



No colexio durante este curso estamos a traballar co noso proxecto da Biblioteca, "DESSTINO EUROPA". Entre outras moitas actividades, cada aula estase a encargar de traballar sobre un país determinado para despois dalo a coñecer ao resto das aulas e á Comunidade Educativa. Estamos aprendendo un montón de cousas!

26 enero 2017

FORMACIÓN DE USUARIOS. DICCIONARIOS E ENCICLOPEDIAS

Neste documento podedes ver que diccionarios e enciclopedias temos na nosa Biblioteca e o xeito de empregalos con aproveitamento.

24 enero 2017

Novidades na nosa Biblioteca

A nosa Biblioteca vai medrando aos poucos, e imos adquirindo periodicamente novos títulos. Nesta ocasión, presentámosvos algunhas das novidades de carácter divultavido que teñen chegado. Trátase de títulos relacionados co proxecto da Biblioteca no que estamos a traballar.