Este
luns estivo con nós Ana, nai dun alumno de Educación Infantil. Ana é unha
atleta que foi campioa de Galicia en 400 e 800 metros e, ademais, ostenta o récord
galego de 400 metros valos na actualidade, que conseguiu no Campionato de
España de 1999, en Sevilla.
Ana
estivo a falar da súa experiencia coas alumnas e os alumnos de 4º, 5º e 6º de
Educación Primaria, na Biblioteca do colexio. Faloulles das súas vivencias deportivas, da importancia que ten o esforzo e a constancia para acadar os
propios obxectivos, da experiencia como muller deportista nunha sociedade que
consideraba a práctica de certos deportes como “cousa de homes”, ou das
aprendizaxes vitais que lle aportou o deporte, entre outras, contando moitas
anécdotas e vivencias. Tamén vimos algúns vídeos sobre atletismo, un deporte
que non é tan coñecido como outros, pero no que a superación persoal é
fundamental.
Esta
actividade engróbase no proxecto de Biblioteca que estamos a desenvolver
durante este curso, baixo o título “Elas. Rompendo moldes”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario