O xoves 23 de abril
estivo no noso colexio a escritora María Canosa, que escribiu o libro “Muriel” e tamén “Rubicundo”, que limos no colexio neste último trimestre. Falou
sobre un montón de cousas e, sobre todo, explicounos moitos detalles dun dos
libros que limos na clase este curso, “Muriel”.
Contounos que lle custou moitísimo encontrar o nome do protagonista e que ao
final decidiuse por Muriel. Este
libro gustou moito ás alumnas e os alumnos de 5º de Educación Primaria.
Contounos que ás veces no libro non poñía cousas que nós podíamos deducir, como
cantos anos tiña Rubicundo, ou que pasara coa avoa de Muriel.
Explicounos que é
o que significaba no seu pobo a palabra pedro. Sabedes que significaba? É un
raposo!. A palabra non aparece no dicionario da Real Academia Galega, nin en
ningún outro con ese significado.
María Canosa
conseguiu o Premio Merlín con esta
obra, con moito esforzo e sen renderse, porque se presentou a este premio catro
veces. Na cuarta ocasión xa non tiña esperanza de recibilo, ata que un día,
tempo despois de terse presentado, chamárona para informala de que llo tiñan
concedido. Cando soubo que era a gañadora non podía parar de chorar. A súa
familia ao vela non entendían nada e non sabían que estaba a pasar ata que por
fin dixo: “Merlín!”. A súa nai, que
tamén é escritora deuse de conta enseguida:
-Gañou o premio
Merlín!
Cando nos contou
isto, María Canosa emocionouse.
O libro “Rubicundo” lérono en... En 5º non o
lemos, pero polo que nos falou del tiña moi boa pinta!
Texto elaborado por Sara Domínguez, Miriam Rodríguez e
Sara Rodríguez, da aula de 5º de Educación Primaria.