O
pasado venres as alumnas e os alumnos de Educación Infantil foron a
Santiago ver unha obra de teatro titulada “Burbujas de papel”,
unha proposta de Afundación, representada no Auditorio Abanca deSantiago e dirixida a centros escolares.
Nesta
obra as artes protagonistas son a danza e a música. Foi creada e é
representada pola compañía Múcab Dans, e foi gañadora do Premio
ao mellor espectáculo familiar 2014 na Feria de Teatro deCastilla y León, celebrada en Ciudad Rodrigo.
O
espectáculo sen palabras combina a danza, a música e a interacción
multimedia, e invita a xogar desde a imaxinación ás rapazas e aos
rapaces.
Ao noso alumnado gustoulle moito esta proposta, que foi seguida con
grande interese!
No hay comentarios:
Publicar un comentario