Este
17 de maio, Día das Letras Galegas, adícase ao poeta Manuel María. Manuel María
foi un gran poeta que destacou en moitos aspectos da cultura de Galicia, e
tamén deixou a súa pegada na literatura infantil, con poemarios tan
significativos como “Os soños na gaiola”, un clásico da poesía en galego
adicada á infancia. Ademais, foi un gran defensor da nosa cultura e a nosa
lingua. Nós queremos facerlle a nosa pequena homenaxe con este vídeo, no que
expresamos o desexo de que o galego siga vivo entre nós, porque forma parte do
noso xeito de interpretar o mundo, da nosa cultura e a nosa vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario