VISITA
DE ANXO MOURE
Este pasado luns 25 recibimos no noso
colexio a visita do escritor Anxo Moure. Tanto os rapaces e rapazas
de Educación Infantil como de Primaria ficaron asombrados coas
propostas que lles fixo. En palabras do alumnado de 5º e 6º, foi
divertido, inspirador, fíxolles rir moito e pasoulles o tempo
voando. Faloulles un pouco da súa vida, díxolles que xa viñera
unha vez hai moitos anos a este colexio e que daquela xa lle
encantara. Tamén quedaron asombrados cando o viron marchar en
patinete, ata Santiago! Faloulles da súa casa nunha árbore e de que
os primeiros domingos de mes, xunto con outras persoas, báñase no
río Miño, en Chantada. Falou da importancia da reciclaxe, da
conservación da Natureza e das relacións entre as persoas, entre
outras moitas cousas!
Os pequenos tamén pasárono moi ben,
lembran os “Contos solidarios” que lles contou, que fixo moitas
bromas e que ata comía contos! Anxo Moure veu cos seus títeres,
unha campá, unha bota cun carballo plantado nela, unha rede
cazacontos, un paraugas, un teléfono, tocou a flauta... Tamén
riron moito, cantaron e estiveron moi atentos a todo. Moitas das súas
propostas podédelas ver na súa páxina web, á que podedes entrar
desde este enlace, é moi interesante e paga a pena visitala.
Coa súas representacións, Anxo Moure
transmítenos o amor pola natureza e de que temos que vivir con
respecto ao medio ambiente, que temos que coidar o planeta no que
vivimos, sen andar deixando lixo por aí, contaminando o menos
posible e coñecendo o noso medio ambiente, e que é moi importante a
educación para a Paz.
|
|
|
|
|
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario