Durante este primeiro
trimestre, e dentro do proxecto proposto pola Biblioteca do centro “Voando
cos libros”, todas as aulas do colexio participan nun itinerario
lector. Trátase de que cada aula leve o seu avión desde o aeroporto de Lavacolla,
facendo escala nos aeroportos Adolfo Suárez de Madrid, e no de Heatrrow,
en Londres, para finalizar no aeroporto Galeao, en Río de
Janeiro. Para cobrir cada etapa é preciso que na aula vian lendo libros. Chegarán
ao seu destino cando teñan lido todos os libros programados en cada aula. Como
vedes nas imaxes, os avións están en marcha. Desexámoslles unha feliz e
proveitosa viaxe!
|
|
|
|
|
|
|
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario